FOLGA DO METAL

O metal en loita; nós coas súas traballadoras e os seus traballadores

Chagada da manifestación a diante da Delegación do Goberno con Xosé Luís Rivas e Avia Veira xunto con traballadores do sector
Chagada da manifestación a diante da Delegación do Goberno con Xosé Luís Rivas e Avia Veira xunto con traballadores do sector

Participamos da manifestación convocada polas traballadoras e polos traballadores do metal celebrada esta mañá

Tamén chamamos a secundar as convocatorias do 13, 20 e 27 deste mes que hoxe á mañá presentou a representación sindical diante da Xunta de Galiza

O metal en loita; nós coas súas traballadoras e os seus traballadores

O noso parlamentario Xosé Luis Rivas e a portavoz no Concello Avia Veira, así como varias e varios membros dos nosos órganos políticos do Consello Local e Comarcal da Coruña veñen de participar da manifestación convocada hoxe polo sector do metal da provincia da Coruña.

Deste xeito quixemos amosar o noso apoio a un sector, que na actualidade conta con máis de 18.000 persoas empregadas na provincia, acompañando as traballadoras e traballadores no seu percorrido desde a sede da Confederación de Empresarios até a Delegación do Goberno, nesta xa cuarta xornada de folga, convocada dentro da xeira de mobilizacións que veñen desenvolvendo desde o mes de xuño.

Un dos momentos da manifestación ao seu paso por Catro Camiños

O inmobilismo da patronal e a súa incapacidade para mesmo dialogar coa representación sindical, que tan só está a reclamar, entre outras cuestións, o dereito básico a teren un convenio novo após de que o actual leve máis de tres anos caducado, amosa até que punto é necesaria a acción social e sindical para reclamar dereitos básicos que desde o comezo da crise foron paulatinamente cercenados polas sucesivas reformas laborais e que o empresariado aproveitou descaradamente

Tamén amosamos todo o noso apoio ás novas xornadas de folga que está mesma mañá a representación sindical ven de anunciar, en continuidade coas mobilizacións, e que se realizarán os xoves 13, 20 e 27 deste mes.

Lembremos que ten lugar esta folga do metal, a cuxas mobilización acudimos, nun día no que ademais proseguen a folga do 112 e a folga do transporte, iníciase a marcha contra a venda das centrais do Xallas e nunha época na que asistimos ao peche de colexios públicos, a desaparición definitiva do sistema financeiro galego, o veto á transferencia da AP-9 etc, todas elas circunstancias que confirman que Galiza precisa #outrorumbo, tal e como vimos insisdo.

A Coruña, 5 de xullo de 2017