Malia as axudas municipais, a Cía de Tranvías carece dun plan alternativo ante fallos informáticos

Malia as axudas municipais, a Cía de Tranvías carece dun plan alternativo ante fallos informáticos

renovacion_frota_busesA Coruña, 2 de xullo de 2014- No día de onte o fallo do sistema informático de cobro e mais do GPS dos autobuses urbanos causou un tremendo colapso que puxo en evidencia as limitacións da Compañía de Tranvías, que carece dun plan alternativo para estes casos. E isto a pesar da enorme cantidade de cartos que recibe a empresa por parte do Concello. Tal e como deu a coñecer o Grupo Municipal do BNG, a Conta Xeral correspondente ao 2013 recoñece que o Concello lle pagou á Compañía de Tranvías un total de 9.712.099,04 euros en concepto de subvencións municipais.

A grave avaría de onte causóulles numerosas molestias ás persoas usuarias do bus, na medida en que os atrasos acumulaban, en boa parte dos casos, até unha hora por frecuencia. O incordio provocado ás persoas que querían desprazarse en bus súmase aos inconvenientes derivados do funcionamento defectuoso da tarxeta Millenium. Malia as reiteradas iniciativas presentadas polo Grupo Municipal do BNG sobre as eivas da Millenium, que provocan, cada día, longas espera das persoas afectadas tanto no rexistro xeral do Concello como na estación de autobuses, o Goberno do Sr. Negreira aínda non adoptou ningunha medida ao respecto.

Os fallos da Millenium provocan que as persoas posuidoras da tarxeta teñan que aboar no momento a tarifa xenérica cando o seu cartos deixa de funcionar por causas alleas á súa vontade. O mesmo acontece cando se atopan fóra de servizo as máquinas de recarga en efectivo que hai no interior das oficinas de Abanca. O non funcionamento destas máquinas de recarga en efectivo aféctalles, nomeadamente, as persoas que non teñen conta en Abanca, xa que non se lles facilita outra alternativa e vense obrigadas a pagar o importe xenérico do billete, sen descontos.