MOBILIDADE

Instamos ao Goberno municipal a aclarar de xeito inmediato cal é o seu plan para o transporte urbano colectivo para a cidade

Bus da Compañía de tranvías realizando parada en Porta Real
Bus da Compañía de tranvías realizando parada en Porta Real

Tras a indicación da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia na que se considera que a concesión dos buses urbanos necesitan obrigatoriamente axustarse á normativa europea, asemade doutras consideracións a conta do chamado “beneficio industrial” e da “ausencia de perdas” entendemos que están máis que xustificas as nosas continuadas denuncias que temos realizado a respecto da inacción e a falta de alternativas ao transporte colectivo da Área de Mobilidade Sostíbel

Levamos sinalando desde hai anos as mesmas conclusións emitidas pola CNMC, e que nos levaron a criticar constantemente a concesión por ser lesiva ás arcas do Concello e permitir o beneficio privado da Compañía de Tranvías garantindo sempre superávit a conta dos orzamentos municipais

Desde que o Goberno da Marea Atlántica decidiu aplicar o Regulamento (CE) 1370/2007 polo que se concluía que a extinción da concesión, a data de 1 de decembro de 2016, e que non derivaría en consecuencias xurídicas nin económicas para o Concello, nin se artellaron alternativas, nin se teñen buscado, e menos aínda se ten estudado a posibilidade dunha xestión pública municipal

Por sorpresa, e de xeito improvisado, o 28 de novembro de 2016, en Xunta de Goberno, o Executivo decidiu, na mesma sesión, dar por rematada a concesión e aprobar unha prórroga por dous anos, que conclúe o 30 de novembro deste 2018. Desde entón non soubemos que alternativas se barallaron malia as continuas preguntas e iniciativas que temos trasladado ao Pleno. E hoxe atopámonos con esta resolución da CNMC, que sinala o obrigado axuste ás exixencia da Comisión Europea. Exiximos, por tanto, que se expoña o plan que se ten para o transporte na Coruña, preguntándonos se a Marea Atlántica se vai a limitar exclusivamente a facer un convenio novo que unicamente beneficie á Compañía de Tranvías e renunciando á oportunidade histórica de buscar alternativas para un servicio público de xestión municipal

Instamos ao Goberno municipal a aclarar de xeito inmediato cal é o seu plan para o transporte urbano colectivo para a cidade

Instamos ao Goberno municipal a aclarar de xeito inmediato cal é o seu plan para o transporte urbano colectivo para a cidade.

É que despois de que diversos medios reflexaran hoxe a resolución da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia, que estimou que a concesión a favor da Compañía de Tranvías debe estar obrigatoriamente adaptada á normativa europea, e, por tanto, na actualidade está a incumprir os parámetros lexislativos do marco europeo en materia de mobilidade, entendemos que están máis que xustificas as continuadas denuncias que temos realizado a respecto da inacción e a falta de alternativas ao transporte colectivo da Área de Mobilidade Sostíbel.

Esta concesión está prorrogada desde que o Goberno da Marea Atlántica decidiu aplicar o Regulamento (CE) 1370/2007 polo que se concluía a extinción da concesión, a data de 1 de decembro de 2016, por un acordo en Xunta de Goberno, reunión, asemade, na que se tomou coñecemento que devandita extinción non tería consecuencias xurídicas nin económicas para o Concello.

Bus da Compañía de Tranvías facendo o percorrido polas rúas da Coruña

Estas indicacións da CNMC, que tamén cuestiona explicitamente o convenio por prexudicar de xeito evidente ao Concello por canto cubre todos os gastos e custos, incluído o beneficio industrial e asegura a ausencia de perdas, e mesmo xustifica que non existan contrapartidas en favor da Administración cando haxa incrementos nos beneficios polo establecemento de novos servizos, son cuestións que desde o Bloque Nacionalista Galego levamos denunciando desde hai anos, e que nos levaron a criticar constantemente a concesión por ser lesiva ás arcas do Concello, e permitir o beneficio privado da Compañía de Tranvías garantindo sempre superávit a conta dos orzamentos municipais. É por iso, que toda vez que o Goberno decidiu dar por rematada a concesión, e sen repercusións para o Concello da Coruña, pareceunos inxustificado, primeiro, prorrogar o convenio, e segundo, non ter unha alternativa á excisión da concesión.

Neste sentido foron reiteradas as nosas preguntas e as nosas iniciativas presentadas durante este mandato no Pleno, polas que temos inquirido a respecto das alternativas que o Goberno da Marea Atlántica estaba a formular, sen que en ningún momento se teña explicado publicamente que medidas se estaban tomando e cal era o obxectivo que se buscaba para o transporte colectivo urbano na cidade.

Asemade, entendemos máis que xustificado que a CNMC inste a remitir o convenio á Comisión Europea para que se conclúa se durante este tempo a Compañía de Tranvías ten cobrado axudas presuntamente ilegais, exixindo que, de ditaminarse ese cobro irregular, sexa inmediata a devolución dos cartos apropiados e se tomen as medidas administrativas que corresponderan xa que logo, e tal e como argumenta a propia CNMC, se debe observar o servizo prestado nas últimas tres décadas por canto o Concello nunca notificou nin preguntou se o convenio asinado en 1986, convenio que lembramos foi asinado unilateralmente e sen concurso público, e que ten reportado múltiples beneficios á empresa a conta de cartos públicos.

Do mesmo xeito, tamén neste mandato temos formulado reiteradas veces a posibilidade de que se estudara a conveniencia de establecer un servido de transporte publico de xestión municipal. Desde 2009 até 2016, último ano do que temos rexistro das contas da Compañía de Tranvías, as subvencións destinadas ao prezo do billete ascenderon a 64 millóns de euros, sendo para este ano o reservado nos orzamentos municipais, 8,2 millóns de euros, que supón o 45% sobre o total do orzamento na Área de Mobilidade, ou incluso equivale ao total orzamentado doutras áreas de goberno como son Emprego (8,7 millóns), ou Participación (8,6 millóns), ou moito máis que nas áreas de Igualdade (4,7 millóns) ou Alcaldía (1,95 millóns).

Por sorpresa, e de xeito improvisado, o 28 de novembro de 2016, en Xunta de Goberno, o Executivo decidiu, na mesma sesión, dar por rematada a concesión e aprobar unha prórroga por dous anos, que conclúe o 30 de novembro deste 2018. Desde entón non soubemos que alternativas se barallaron malia as continuas preguntas e iniciativas que temos trasladado ao Pleno. E hoxe atopámonos con esta resolución da CNMC, que sinala o obrigado axuste ás exixencia da Comisión Europea. Exiximos, por tanto, que se expoña o plan que se ten para o transporte na Coruña, preguntándonos se a Marea Atlántica se vai a limitar exclusivamente a facer un convenio novo que unicamente beneficie á Compañía de Tranvías e renunciando á oportunidade histórica de buscar alternativas para un servicio público de xestión municipal.