O Goberno local segue sen dar a coñecer a diagnose e análise sobre mobilidade

O Goberno local segue sen dar a coñecer a diagnose e análise sobre mobilidade

A Coruña, 17 de setembro de 2013.- O Grupo municipal do BNG vén de solicitarlle, hoxe, ao alcalde o acceso ao documento de análise e diagnóstico da situación da mobilidade na Coruña e na súa área metropolitana, documento que debe formar parte do Plano de Mobilidade Urbana Sustentábel que se está a elaborar e que é fundamental para definir, sustentar e xustificar a escolla de estratexias para a súa materialización, o deseño de actuacións, a implementación das medidas que se escollan, os sistemas de avaliación periódicas...

E é que este documento tiña que ser entregado pola empresa adxudicataria dous meses despois da data de adxudicación, que foi o pasado 21 de marzo. Cumpridos xa, cáseque os seis meses, as nacionalistas solicítanlle ao Goberno municipal que o expoña publicamente.

O BNG non entende que no proceso de participación que está a desenvolver a concellaría de Tráfico e Dominio Público, coas distintas entidades veciñais e sociais, non se dea a coñecer o documento técnico, documentación fundamental para a información e participación da cidadanía na elaboración do plan. Dá a sensación, subliñan as nacionalistas, que aínda se está a recoller a información que debería formar parte do documento de análise e diagnóstico.

O Goberno local segue sen dar a coñecer a diagnose e análise sobre mobilidade