O Goberno Local debe anular as multas impostas polo mal funcionamento da aplicación da ORA

A concelleira do BNG Avia Veira pide ao Goberno Local que "reaccione" ante a situación criada polo mal funcionamento da aplicación da ORA e que anule as multas impostas ás persoas usuarias a consecuencia do mal funcionamento do dispositivo informático.
O Goberno Local debe anular as multas impostas polo mal funcionamento da aplicación da ORA

"Consideramos que é responsabilidade da empresa concesionaria que os medios técnicos funcionen e non das usuarias da ORA que por moitas circunstancias, laborais, persoais ou de saúde, ou non teñen a posibilidade de empregar o parquímetro físico ou poden simplemente non seren conscientes do fallo da aplicación", argúe Veira.


En último termo, a ORA é un servizo público e por moito que se preste en réxime de concesión o responsábel último do seu correcto funcionamento é o concello, daí esta iniciativa do BNG para instar o Goberno Local a que tome medidas para a empresa subsanar as deficiencias e para salvagardar os intereses das persoas usuarias.

 

ACHEGAMOS AUDIO DE AVIA VEIRA.