MOBILIDADE

O «Foro Movémonos» non serviu para implementar ningunha mellora ou cambio en mobilidade

Un dos momentos da intervención da nosa concelleira Avia veira durante a celebración do Foro Movémonos
Un dos momentos da intervención da nosa concelleira Avia veira durante a celebración do Foro Movémonos

En resposta escrita o Goberno municipal recoñece que non se ten executado ningunha das conclusións do Foro Movémonos

Demandaramos en maio ao Executivo local que concretaran por escrito cantas das 10 liñas de actuación que se expuxeron durante a celebración deste encontro están xa postas en marcha e en que zonas da cidade xa se teñen implementado mais o propio executivo da Marea non pode indicalas

Temos denunciado máis dunha vez que non se ten realizado ningunha actuación que transforme a mobilidade desde o comezo de mandato, polo que non nos sorprende as respostas recibidas desde a Área. Mais o que si nos chama poderosamente a atención e que, desta volta, se artellou unha xornada para trazar unha folla de ruta que non se está cumprindo e, o que máis nos preocupa, non hai interese por levar a cabo as súas conclusións. O Goberno da Marea carece da valentía necesaria para implementar cada unha das 10 liñas de actuación anunciadas, na maioría de xestión directa do Goberno, e que non necesitarían pasar polo Pleno, polo que dubidamos moito que nalgún momento o Foro Movémonos buscase ser un punto de encontro para abordar en serio a problemática da mobilidade na nosa cidade. Preguntámonos, pois, para que se desenvolveu este «foro ou xornada», alén de ser un evento propagandístico pagado por todas e todos nós

O «Foro Movémonos» non serviu para implementar ningunha mellora ou cambio en mobilidade

O Goberno municipal ven de recoñecernos que non se ten executado ningunha das conclusións do Foro pola Mobilidade Sostíbel Movémonos, realizado a principios de abril do ano pasado.

Deste xeito, e segundo observamos a través das respostas por escrito, a preguntas efectuadas no mes de maio (podes velas aquí), e remitidas pola Área de Mobilidade Sostíbel (que podes descargar premendo aquí), o Executivo da Marea Atlántica non foi capaz de concretas cantas das 10 liñas de actuación que se expuxeron durante a celebración deste encontro están xa postas en marcha e en que zonas da cidade xa se teñen implementado.

Lembramos que foi o propio alcalde o que presentou até 10 liñas de actuación para acadar unha mobilidade sostíbel, e que pasaban pola «aposta pola intermodalidade, a desconxestión do centro da cidade e do interior dos barrios, a redución progresiva da velocidade máxima do tráfico, o impulso ás vías ciclables e do espazo peonil, a monitorización da mobilidade a nivel urbano e metropolitano, o pulo á mobilidade peonil, ciclista e do transporte público colectivo ou a introdución do ferrocarril como medio de comunicación na área metropolitana».

O obxecto das nosas preguntas era que o Goberno local concretara todas as actuacións que foron debulladas como liñas de actuación para a implementación dunha mobilidade sostíbel na cidade e que resultados se obtiveron desta implementación, os lugares afectados, o período de tempo nas que se aplicaron e numero total de veciñas e veciños que se viron afectados por estas actuacións. Pois a resposta que se nos achega, nin concreta estas actuacións e menos especifica a súa aplicación real ao día a día das persoas na nosa cidade. En definitiva, non se ten realizado ningunha das actuación anunciadas e tampouco se ten avanzado en acadar esa suposta mobilidade sostíbel.

Tamén criticamos que desde o Goberno da Marea non se realizara nin tan sequera algunha das liñas, xa que entendemos que moitas destas actuacións son exclusivamente de xestión directa.

Neste sentido lembramos, por exemplo, que actuacións tan efectivas como a implementación do Carril Bus ou Carril VAO son competencia única da Concellaría de Mobilidade Sostíbel, e, no entanto, en tres anos de mandato se teñen artellado 0 metros deste tipo de vías.

Temos denunciado máis dunha vez que non se ten realizado ningunha actuación que transforme a mobilidade desde o comezo de mandato, polo que non nos sorprende as respostas recibidas desde a Área. Mais o que si nos chama poderosamente a atención e que, desta volta, se artellou unha xornada para trazar unha folla de ruta que non se está cumprindo e, o que máis nos preocupa, non hai interese por levar a cabo as súas conclusións. O Goberno da Marea carece da valentía necesaria para implementar cada unha das 10 liñas de actuación anunciadas, na maioría de xestión directa do Goberno, e que non necesitarían pasar polo Pleno, polo que dubidamos moito que nalgún momento o Foro Movémonos buscase ser un punto de encontro para abordar en serio a problemática da mobilidade na nosa cidade. Preguntámonos, pois, para que se desenvolveu este «foro ou xornada», alén de ser un evento propagandístico pagado por todas e todos nós.

 

A Coruña, 13 de xuño de 2018.