UNHA INICIATIVA DE FRANCISCO JORQUERA

A Estación de Autobuses, en mal estado á espera da chegada (xa veremos cando) da futura Intermodal

Exterior da Estación de Autobuses
Exterior da Estación de Autobuses
A Estación de Autobuses da Coruña presenta un aspecto “lamentábel” e dá a impresión de que o Goberno Local, no canto de actuar para arranxar as súas deficiencias, se limita a agardar pola chegada da futura Intermodal, unha infraestrutura para a que non hai prazos certos.
A Estación de Autobuses, en mal estado á espera da chegada (xa veremos cando) da futura Intermodal

Así o defende Francisco Jorquera, portavoz do BNG en María Pita, nun rogo oral ao executivo coruñés que será defendido no Pleno do novembro.

Na exposición de motivos desta iniciativa, o voceiro nacionalista pormenoriza algunha das deficiencias que caracterizan o estado da estación de autobuses: frecuentes fallos no funcionamento das escadas mecánicas e nos paneis luminosos que informan da chegada e saída dos vehículos, alumeamento insuficiente que se fai moi notorio cando cae a noite,  o que cría loxicamente inseguridade, falta de limpeza...

Todo isto contribúe para crear unha “imaxe deplorábel” dunha das portas de entrada á nosa cidade, xulga Jorquera, para quen “a proxectada nova estación de autobuses na futura intermodal non pode inhibir o Concello da Coruña de asegurar un acaído mantemento da actual estación”.

 

 

A Estación de Autobuses, en mal estado á espera da chegada (xa veremos cando) da futura Intermodal