INTERVENCIÓN URBANA

Dúas iniciativas para soterrar varios contedores do lixo na rúa Trompeta

Propoñemos que todos estes contedores de lixo sexan soterrados na rúa Trompeta
Propoñemos que todos estes contedores de lixo sexan soterrados na rúa Trompeta

Con esta iniciativa faise unha proposta que sería positiva para a veciñanza e co obxecto de armonizar o conxunto urbano nunha zona de especial coidado, onde existen múltiples establecementos do pequeno comercio e da hostalaría, asemade, de ser esta unha actuación que redundaría en beneficio da accesibilidade desta rúa

Dúas iniciativas para soterrar varios contedores do lixo na rúa Trompeta

Presentamos esta mañá dúas iniciativas solicitando soterrar varios contedores de lixo que están situados na rúa Trompeta, ocupando boa parte do lateral do edificio de servizos económicos do Concello da Coruña.

Cruce da rúa Trompeta coa rúa Franxa onde están situados ate 6 contedores de lixo

Así, a través dun rogo escrito e de varias preguntas para a súa resposta tamén por escrito, demandamos o Goberno municipal que se realice unha actuación similar ás realizadas con anterioridade nesta zona da cidade, e xa consolidadas, soterrando estes espazos para o depósito do lixo.

Entendemos que con esta iniciativa facemos unha proposta que sería positiva para a veciñanza e co obxecto de armonizar o conxunto urbano nunha zona de especial coidado, onde existen múltiples establecementos do pequeno comercio e da hostalaría, asemade, de ser esta unha actuación que redundaría en beneficio da accesibilidade desta rúa.

Deste xeito, tamén interesámonos sobre a posibilidade de que houbera calquera impedimento para realizar esta actuación, de existir calquera informe ou instrución que o establecera, e, se estes impedimentos non existen, o por que non se ten feito xa, ao igual que acontece nas rúas da contorna como na da Franxa ou na de Rego da Auga. 

Na actualidade cremos que estes contedores así colocados, en superficie, tanto para os residuos orgánicos coma para os inorgánicos, están prexudicando ao conxunto sociourbano da zona así como ao pequeno comercio e hostelaría. Cremos que é unha actuación que non debera alongarse no tempo, que non debe supoñer un elevado custe e ademais por entendermos que habilitar un contedores soterrados podería realizarse de xeito inmediato.

A Coruña, 5 de abril de 2017