A Copa do Rei sairalle ás Arcas Municipais, como mínimo, a 6.864,02 € por minuto de partido

A Copa do Rei sairalle ás Arcas Municipais, como mínimo, a 6.864,02 € por minuto de partido

A Coruña, 27 de xaneiro de 2016.- O Grupo Municipal do BNG volve sinalar que o gasto que vai supoñer só para as arcas municipais o desenvolvemento da fase final da Copa do Rei de Baloncesto na nosa cidade será moi superior á rendibilidade que finalmente se obteña.

Avia Veira: “Sande non so confirmou hoxe o dispendio da Copa do Rei; máis aló, elévao até case os dous millóns de euros só do Concello”

E é que as nacionalistas consideran que o concelleiro de Cultura e Deporte, Xosé Manuel Sande, tras as declaracións que realizou esta mañá ao respecto, confirmou o dispendio e o aumentou até os dous millóns de euros.

Así, e segundo a documentación xa feita pública a data de hoxe, o Grupo Municipal do BNG entende, que os gastos que xa están comprometidos polo Concello da Coruña serían tanto os xa aprobados como os previstos nos Orzamentos de 2016, en total 1.921.926,84 €. E todas estas partidas sen considerar calquera outro gasto corrente que se puidera derivar da celebración do evento e sen contar as achegas de Deputación.

O Grupo Municipal do BNG sinala, tras as declaracións do concelleiro de Cultura e Deporte, que este dispendio podería terse aforrado xa en novembro cando o BNG presentou a moción na que se solicitaba a anulación do convenio de Emalcsa

sorteo_copadorei_1Deste xeito, o BNG cuantifica partidas, por un lado, de 605.000,00 € en concepto do “canon” recollido no convenio de colaboración, e que son achegados desde a Fundación Emalcsa, e de 199.460,51 € resoltos en respectivos decretos de datas 25 e 26 de novembro de 2015 en concepto de “adecuación do Coliseum para organizar a Copa do Rei de Baloncesto”, e por outro, as previsións na proposta de Orzamentos para 2016, e que ascenden cadansúa a 176.562,24 € en concepto de “Torneos deportivos. Sede da final da Copa do Rei de Baloncesto” e a 940.904,09 € en concepto de “rehabilitacións” de varias zonas do Coliseum (entre elas unha partida para a zona de «autoridades» de 84.163,96 €).

As nacionalistas advirten que a Copa do Rei sairalle as Arcas Municipais, como mínimo, a 6.864,02 € por minuto de partido

“Entendemos que a perda destes case dous millóns de euros, que só benefician a estamentos deportivos e federativos alleos á nosa cidade, poderiámolos ter investidos no deporte na cidade, en deporte de base e nas nosas instalacións e entidades deportivas. Estamos falando dun gasto que comparado cos investimentos previstos no orzamento para 2016 na área de deportes suporía máis dunha quinta parte. En definitiva, as coruñesas e coruñeses imos pagar 6.864,02 € por minuto de partido, por agora, durante esta Copa do Rei”, conclúe Avia Veira.

 

Decretos aprobados en 2015:

  1. Decreto do 25 de novembro.
  2. Decreto de 26 de novembro.

Artigos relacionados: