Comunicado do BNG ante a crise de goberno no Concello

Eis a seguir o comunicado que o BNG acaba de enviar aos medios para avaliar a crise de goberno en María Pita.
Comunicado do BNG ante a crise de goberno no Concello

1.-Toda crise de goberno implica un recoñecemento implícito de que o goberno até ese momento non funcionou ben. Esta crise pon en evidencia as feblezas do executivo local e a ausencia dun proxecto de cidade definido, aspectos sobre os que o BNG ten incidido na súa crítica política ao longo do que levamos de mandato.

2.-Constatamos que estas debilidades e as reorientacións que necesita a política local o PSOE non as dialogou coas forzas que posibilitaron a investidura de Inés Rey e, ademais, a incorporación ao Goberno Local dunha persoa procedente de Ciudadanos non apunta a que o Goberno municipal vaia aprofundar nas políticas progresistas.

3.- Dende o respecto persoal que nos merece, Mónica Martínez presentouse por Ciudadanos e agora incorpórase a un Goberno do PSOE. O BNG discrepa destes comportamentos que distan de ser edificantes.

4.-O BNG hoxe mesmo rexistrou, antes de coñecer a remodelación, unha pregunta  para o próximo pleno sobre a valoración que lle merece ao Goberno Local o cumprimento do acordo de investidura asinado en xuño de 2019 por PSOE e BNG. Somos críticos co grao de cumprimento dese documento e, desde logo, entendemos que o Goberno Municipal necesita un cambio de rumbo. Cal vai ser ese cambio de rumbo? Con esta crise múdanse pezas, pero non se aclara en que vai consistir a reorientación das políticas e continuamos sen identificar que proxecto de cidade ten este goberno.

 

 

Comunicado do BNG ante a crise de goberno no Concello