DEREITO AO ABORTO

Os buses da nosa cidade fan publicidade dunha actividade dunha entidade antiabortiva

Cartel da actividade da entidade RedMadre colocado nunha das fiestras dun bus urbano
Cartel da actividade da entidade RedMadre colocado nunha das fiestras dun bus urbano

Demandamos ao Goberno municipal que lle exixa á Compañía de Tranvías a retirada de carteis dos seus buses da Fundación antiabortiva RedMadre

Consideramos  que a publicidade que se lle fai a esta entidade, a través dos carteis colocados en todos os vehículos da flota que están a prestar un servizo público, non pode ser permitido pola administración da que ten a concesión

Os buses da nosa cidade fan publicidade dunha actividade dunha entidade antiabortiva

Vimos  de demandar ao Goberno municipal que este lle exixa á Compañía de Tranvías a retirada dos carteis da promoción dunha actividade en beneficio dunha entidade antiabortiva  que ten colocados nos autobuses cos que presta o servizo público do transporte urbano.

É un escándalo que, a través dun servizo municipal dirixido a todas as coruñesas e a todos os coruñeses, se permita e se autorice a publicidade dunha entidade que se ten demostrado como belixerante a reaccionaria contra o dereito das mulleres a decidir sobre o seu corpo e contraria ao dereito ao aborto, polo que instamos ao Executivo da Marea Atlántica a tomar as medidas oportunas co obxecto de que esta publicidade non poida ser colada nos vehículos da flota.

Asemade, lembramos que non é a primeira vez que trasladamos ao Goberno municipal o noso malestar a respecto de que nos servizos públicos que se prestan desde a Compañía de Tranvías aparezan determinadas campañas e colocación de publicidade, e lembrámoslle que a administración debe impedir, en todas as concesións administrativas que ten en vigor, todas aquelas demostracións de entidades que se caracterizan por facer apoloxía en contra dos dereitos das persoas.

A Coruña, 27 de abril de 2018.