MERCEDES QUEIXAS E FRANCISCO JORQUERA EN MITIN NA AGRA

"Se queremos a transferencia da AP-9 ou a tarifa eléctrica galega, o BNG ten que estar en Madrid"

20191104_191852(0)
Queixas e Jorquera
Así o anunciou este martes a candidata ao Congreso por A Coruña, Mercedes Queixas, durante o mitin que a formación nacionalista realizou perante o Mercado das Conchiñas, no corazón do barrio da Agra do Orzán. "O BNG non se activa só en períodos electorais. O BNG actívase sempre en defensa do país", dixo.
"Se queremos a transferencia da AP-9 ou a tarifa eléctrica galega, o BNG ten que estar en Madrid"

"Estamos no barrio da Agra, un dos máis castigados polo desemprego na nosa cidade. Imos ir ao Congreso a obrigar o Estado a que se tomen medidas efectivas para un Plano de Industrialización para a cidade e a comarca. Que haxa unha solución definitiva para Alcoa,ese necesario Estatuto de Industrias Electrointensivas, e para aquelas industrias que están nunha situación de crise", dixo Mercedes Queixas, quen avanzou o compromiso do BNG a prol da criación de máis emprego no sector público. "É falso que neste país haxa moitas funcionarias. Temos a metade do emprego público dos países máis avanzados de Europa", esclareceu.

"Temos que ter máis médicos nos centros de saúde, máis ensinantes nas escolas e institutos, máis recursos en definitiva para os servizos de benestar", afirmou Queixas.

20191104_191237Por súa parte, o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, enfatizou a utilidade do voto ao BNG. Útil para representar o país en Madrid e útil tamén para frear a dereita e a extrema dereita, tal e como están a pór de relevo os últimos inquéritos. "Que é o que non quere Vox? Que Néstor Rego sexa deputado! Deámoslle unha mala noticia a Vox a noite do 10N!", arengou Jorquera.

A utilidade do BNG está avalada, remarcou, pola traxectoria da formación nacionalista. "Cando o BNG era decisivo no Congreso, os orzamentos do Estado para o noso país alcanzaban os 2 mil millóns. Cando os orzamentos os pactan en solitario PSOE e Podemos, apenas alcanzan os 750", acrecentou o portavoz nacionalista.

Sobre a utilidade dun voto nacionalista o 10N tamén falou Mercedes Queixas: "Se queremos a transferencia da AP9 ou a tarifa eléctrica galega, o BNG ten que estar en Madrid".

"Se queremos a transferencia da AP-9 ou a tarifa eléctrica galega, o BNG ten que estar en Madrid"