DURANTE O CESAMENTO DA ACTIVIDADE EXTRACTIVA NA RÍA DO BURGO A CAUSA DAS OBRAS DE DRAGAXE

O BNG formulará emendas ás contas galegas e do Estado para que se contemplen compensacións para as mariscadoras

O Bloque Nacionalista Galego vai formular emendas aos orzamentos do Estado e da Xunta para os dotar de partidas que vaian dirixidas a compensar as e aos mariscadores de a pé e a flote polo cesamento da súa actividade extractiva durante o tempo que duren as obras de dragaxe na Ría do Burgo.
O BNG formulará emendas ás contas galegas e do Estado para que se contemplen compensacións para as mariscadoras

Ese foi o compromiso que adquiriron esta mañá as deputadas do BNG no Parlamento galego Mercedes Queixas e Rosana Pérez e o portavoz nacionalista en María Pita, Francisco Jorquera, durante a reunión que mantiveron, no local da Confraría da Coruña, con integrantes da Asociación de Mariscadoras a pé. Á xuntanza asistiron o patrón maior da Confraría de Pescadores da Coruña, Felipe Canosa, e o portavoz das e dos mariscadores a pé, Manuel Baldomir.

Os representantes das mariscadoras defenderon no encontro co BNG que as axudas pola parada extractiva á que se verán obrigadas a consecuencia da dragaxe se fixen a partir da base reguladora da cotización das e dos traballadores. O Bloque ve esta demanda moi razoábel e a partir dela confeccionará as súas emendas aos orzamentos, quer os do Estado quer os da Xunta.

As mariscadoras teñen basicamente dous problemas. O primeiro, que a Xunta e o Estado pásanse a bola sobre que administración debería asumir as axudas. A segunda, que a Consellaría de Pesca nin sequera atende a súa petición de manter unha entrevista para lles expor as súas demandas. “Convocamos unha reunión con representantes da Delegación do Goberno, a Demarcación de Costa e a Consellaría de Pesca. Non veu ninguén”, din desde a Confraría.

20201103_093642

Unha outra demanda das mariscadoras, que o BNG acha moi sensata, é que durante o tempo da dragaxe se conte con estas traballadoras para a realización de tarefa como vixilancia ou mantemento.

A respecto das axudas, alegan que existe un precedente. Durante os anos 2009-2011 recibiron compensacións por parte da Consellaría de Pesca ao terse mudado a cualificación da maior parte das augas da Ría do Burgo de B para C, isto é, aquela que sinala cando o produto non é apto para o consumo humano.

O BNG formulará emendas ás contas galegas e do Estado para que se contemplen compensacións para as mariscadoras