O BNG denuncia que a Concellaría de Emprego non executou o 40% dos cartos destinados a comercio

O BNG denuncia que a Concellaría de Emprego non executou o 40% dos cartos destinados a comercio

A Coruña, 8 de abril de 2014.-O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego denuncia que segundo a liquidación do orzamento de gastos de 2013 o Goberno Local deixou de executar o 40% do Plano de Dinamización do Comercio Local. Alén diso, cualifica de “escandaloso” que tampouco gastase ningún euro dos 207.868,77 euros orzados en 2013 para o Plano de Dinamización do Comercio Urbana C.

É un escándalo que o Goberno Local deixase sen executar o 40% dos cartos destinados ao Plano de Dinamización do Comercio e que non gastase ningún euro dos 207.868,77 euros orzados  en 2013 para o Plano de Dinamización do Comercio Urbana C 

E é que mentres a veciñanza, a través das entidades veciñais como a dos Castros e Novo Mesoiro, estase a implicar na reactivación dos comercios dos barrios ante a situación crítica do comercio de proximidade e da ameaza de desertización e de perda de vida cidadá de moitas rúas da cidade, o Goberno do PP deixou a medio executar ou non executou partidas de dinamización do comercio local nos orzamentos municipais de 2013. Así a Concellaría de Emprego e Comercio deixou de executar 277.923,79 euros (partida 60.431.22618), é dicir o 39,70% do presupostado, para desenvolver accións que conlevasen a dinamización e a promoción do pequeno e mediano comercio e, ademais, na Agra do Orzán, non gastou nada dos 207.868,77 euros (partida 60.431.22737) que tiña previsto investir no plano de dinamización comercial para esta zona en 2013, plan este pertencente ao programa Urbana C.

Este sector importantísimo que atinxe non só á economía e ao emprego, senón ao propio pulso da vida da cidade, vese, sinalan as nacionalistas, afectado pola irresponsabilidade dun Goberno que deixa sen gastar máis de 485 mil euros cando a situación do comercio nos distintos barrios da cidade é realmente complicado grazas ás politícas antisociais e de recortes destes últimos anos do Partido Popular nas distintas administracións que provocaron a caída libre do consumo.

O BNG denuncia que a Concellaría de Emprego non executou o 40% dos cartos destinados a comercio