Veira pregunta sobre a execución das axudas para rehabilitación

Foto: Coruna.gal
Foto: Coruna.gal
En 2018 o Concello dispuña dunha partida de 2.650.000 euros –o que representaba un incremento de 30 por cento a respeito de 2015- para financiar a rehabilitación de vivendas na cidade. Desa cantidade, e segundo recolle a Memoria de Xestión de 2018, só se gastou algo menos dun 75 por cento, isto é, e a diferenza do que viña ocorrendo no pasado, non se executou totalmente a partida. Ficou sen gastar, por tanto, por volta de medio millón de euros duns fondos que o BNG xulga como clave para a necesaria rexeneración urbana de calidade.
Veira pregunta sobre a execución das axudas para rehabilitación

O propio Servizo Municipal de Vivenda e Rehabilitación suxire que “se adopte algunha medida para garantir a execución de todo o crédito que se destine a este tipo de axudas”. Así o recolle nunha pregunta por escrito ao Goberno local a concelleira do BNG Avia Veira. A edil nacionalista interésase por saber que pensa facer o executivo liderado por Inés Rey para lograr “a execución total da partida de subvencións para obras de rehabilitación”.

Ficou sen gastar, por tanto, por volta de medio millón de euros duns fondos que o BNG xulga como clave para a necesaria rexeneración urbana da caidade.

Na Memoria de Xestión de 2018, destaca Veira, apélase a un problema de xestión administrativa á hora de tramitar o crecente número de solicitudes das axudas, sendo que se exixe moita documentación relativa ás “persoas propietarias individuais” que aspiran a se tornaren beneficiarias deste programa do Concello.

No texto desta iniciativa, Avia Veira inquire ao goberno local se ten pensado “simplificar a documentación para a solicitude de axudas municipais de rehabilitación” e, ao tempo, demanda información sobre “que outras medidas” ten na cabeza o executivo coruñés “para o impulso de rehabilitación de inmóbeis”.