Na Mesa de Traballo coa veciñanza de Elviña ábrese unha vía de solución, pendente de se concretar nunha nova reunión

Na reunión constitutiva da Mesa de Traballo coa veciñanza de Elviña afectada polo Parque Ofimático, realizada esta tarde no Salón Dourado do Pazo de María Pita, debuxouse unha vía de arranxo para este conflito urbanístico e o BNG agarda que a solución definitiva se alcance nunha nova xuntanza a ter lugar en outubro.
Na Mesa de Traballo coa veciñanza de Elviña ábrese unha vía de solución, pendente de se concretar nunha nova reunión

“A reunión foi frutífera. O BNG sempre dixo que o diálogo coa veciñanza era condición sine qua non para chegar a un solución satisfactoria.  O Goberno Local, após ser emprazado a facelo, acabou por convocar este punto de encontro. Agora ábrese unha vía de arranxo que agardamos que se materialice, que se concrete definitivamente nunha nova xuntanza, a se realizar en outubro”, afirma Avía Veira, quen participou na Mesa de Traballo na súa condición de responsábel de Urbanismo do grupo municipal do BNG.

No transcurso da reunión, Veira instou o Goberno Local a se manter leal á letra e ao espírito do Acordo de Investidura asinado en xuño de 2019 por BNG e PSdeG. Nel contemplábase como solución para a veciñanza afectada polo Parque Ofimático a desafectación das súas vivendas ou a articulación dunha fórmula urbanística equiparábel sempre e cando contase co consenso veciñal.

 

 

 

Na Mesa de Traballo coa veciñanza de Elviña ábrese unha vía de solución, pendente de se concretar nunha nova reunión