Avia Veira insta o goberno local a que poña en marcha a bolsa de vivendas en aluguer

Avia Veira, no salón de plenos
Avia Veira, no salón de plenos
A concelleira do BNG Avia Veira insta o goberno local a que dea xa os primeiros pasos para pór en marcha un programa municipal de bolsa de vivenda en réxime de aluguer.
Avia Veira insta o goberno local a que poña en marcha a bolsa de vivendas en aluguer

O emprazamento ao executivo coruñés vaino facer Veira a través dunha pregunta para a súa resposta oral no pleno do concello, a se realizar o vindeiro xoves 12 de setembro.

Veira lembra que a aprobación e posta en marcha dese programa “na primeira metade do mandato” figura como un dos compromisos no acordo de investidura asinado o 19 de xuño polos grupos municipais do BNG e PSdeG.