PREGUNTA POR ESCRITO AO GOBERNO LOCAL

Avia Veira denuncia o estado de abandono das salas de cinema do Fórum Metropolitano

salas cinema
Unha das salas do Fórum Metropolitano
O mal estado das butacas, o uso dunha tecnoloxía de proxección da imaxe que deixa moito que desexar e as deficiencias no funcionamento do aire acondicionado levan a concelleira do BNG Avia Veira a formular unha pregunta por escrito ao Goberno Local sobre que pensa facer para mellorar os equipamentos das salas de cinema do Fórum Metropolitano.
Avia Veira denuncia o estado de abandono das salas de cinema do Fórum Metropolitano

"Trátase de dúas salas nas que se proxectan filmes en versión orixinal e cinema que non se oferta nso espazos comerciais convencionais cunha excelente programación, pero cun notábel abandono" da instalación, afirma Veira no texto da pregunta.

A concelleira pregunta ao Goberno Local se é consciente desta situación, que medidas pensa impulsar para a corrixir e en que prazos se podería materializar as reformas que precisan estas salas.

 

Avia Veira denuncia o estado de abandono das salas de cinema do Fórum Metropolitano