COLECTIVO MIGRANTE

A alternativa do Goberno da Marea son as multas?

Imaxe da rolda de prensa realizada xunto co Foro Galego de Inmigración e a Asociación Sen Papeis que denunciaba o acoso do PP durante o mandato anterior ao colectivo migrante
Imaxe da rolda de prensa realizada xunto co Foro Galego de Inmigración e a Asociación Sen Papeis que denunciaba o acoso do PP durante o mandato anterior ao colectivo migrante

Sancionar unha persoa migrante que está a vender na rúa non semella propio dun goberno progresista

O Goberno da Marea Atlántica debería preocuparse máis de traballar nunha alternativa para as persoas que hoxe en día só teñen a venda ambulante como medio para gañarse a vida que de impoñerlles sancións desorbitadas”

Precisamente rexistramos hai unhas semanas unha batería de preguntas escritas, recollendo o malestar de diferentes colectivos que traballan con sen papeis, nas que interrogaban o Executivo Local sobre as intervencións da Policía Local contra o colectivo manteiro, malia que a cidade da Coruña, se incorporou o pasado ano ao Programa PIPE (Programa para a Identificación Policial Eficaz)

A alternativa do Goberno da Marea son as multas?

En relación coa sanción de 1.500 euros imposta polo Concello da Coruña contra un home que se dedica á venda ambulante na nosa cidade, manifestamos que sancionar unha persoa migrante que está a vender na rúa non semella propio dun goberno progresista.

O Goberno da Marea Atlántica debería preocuparse máis de traballar nunha alternativa para as persoas que hoxe en día só teñen a venda ambulante como medio para gañarse a vida que de impoñerlles sancións desorbitadas.

Por iso, precisamente rexistramos a finais de xaneiro unhas preguntas nas que  interrrogabamos ao Executivo para saber que medidas está a levar a cabo o Goberno local para a inserción sociolaboral das persoas sen papeis da nosa cidade e do colectivo manteiro.

Sobrevivir non é delito

Asemade, na inciativa preguntabamos polas intervencións da Policía Local contra o colectivo manteiro que tiveron lugar no último ano, malia que a cidade da Coruña, se incorporou o pasado ano ao Programa PIPE (Programa para a Identificación Policial Eficaz) que teoricamente que “busca velar pola seguridade da veciñanza á vez de garantir o respecto polas diversidades”.

Deste xeito, recolliamos as queixas de diversos os colectivos que traballan coas persoas sen papeis que veñen de facer públicas as súas críticas ao Executivo local e de lembrarlle que este programa non pode quedar simplemente en intencións.

Estes colectivos sinalan que desde a posta en marcha do programa (o ano pasado) só houbo dúas reunións co tecido asociativo da cidade, a última delas no mes de agosto, onde se falou de como se ía a seguir traballando de xeito coordinado entre o Concello a representación da Policía Local, e as entidades sociais presentes.

Máis neste último encontro, propúxose unha reunión de posta en marcha do proxecto para a última quincena do mes de outubro de 2016, que aínda non foi convocada. E alén disto, e posteriormente a estas xuntanzas coas entidades sociais, na cidade da Coruña houbo dúas intervencións policiais contra o colectivo manteiro. Algo incongruente coas políticas e actuacións que o propio Goberno municipal di defender.

A Coruña, 13 de febreiro de 2017