Agora pode comprobarse o aumento da presión fiscal

Agora pode comprobarse o aumento da presión fiscal

A Coruña, 29 de agosto de 2013.- O Grupo Municipal do BNG sinala que agora se ve o que levaba tempo denunciando as nacionalistas tras a aprobación das taxas municipais. E é que o PP subiu a presión fiscal, e o Goberno do sr. Negreira negou día si, día tamén, sinalando que había unha conxelación fiscal. Así o BNG afirma que o feito de que haxa máis ingresos vía IBI no orzamento municipal deste ano é porque houbo unha suba do 10% nos recibos da contribución, acrecentando a presión fiscal ás familias e perdendo poder adquisitivo, mentres o Goberno local conxelaba o IBI á Autoridade Portuaria e ás súas concesionarias, entre elas, Copasa

As nacionalistas lembran que o furor mercantilista do Partido Popular encareceu a vida desde que goberna a cidade da Coruña e provocou que a cidadanía pague máis polo recibo da auga, polo Imposto de Bens Inmobles, polo uso de instalacións deportivas e culturais e mesmo polos servizos relacionados cos animais.

Agora pode comprobarse o aumento da presión fiscal