AVALIACIÓN DO 10N

A Coruña, cidade decisiva para Galiza voltar a ter voz propia en Madrid e para derrotar o neofranquismo

Un momento da festa na sede comarcal do BNG.
Un momento da festa na sede comarcal do BNG.
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, mostrou este luns a súa "grande satisfacción" polos resultados obtidos polo BNG en Galiza e na cidade da Coruña.
A Coruña, cidade decisiva para Galiza voltar a ter voz propia en Madrid e para derrotar o neofranquismo

"Estamos moi satisfeitos. Conseguimos o noso principal obxectivo, ter representación e recuperar unha voz galega propia no Congreso, en defensa dos intereses da Coruña e a súa comarca. Este éxito ten un duplo valor porque fomos quen de frear o ascenso do fascismo. O deputado acadado polo BNG impediu que Vox obtivese representación pola Coruña".

"Na nosa cidade contribuímos a este éxito. O BNG mellora sensibelmente posicións, tanto que incrementamos en 3.145 o noso número de votos a respecto das eleccións do pasado mes de abril e, alén diso, fixémolo nun contexto de menor participación. En termos percentuais o aumento foi de tres puntos. En definitiva, a cidade da Coruña foi decisiva para que Galiza voltase a ter voz no Congreso e para parar a unha forza neofranquista".