O MELLOR RESULTADO DA HISTORIA DO NACIONALISMO NA CORUÑA

42.775 grazas!!!

20240218_223037
Imaxe da noite electoral
42.775 votos. O mellor rexistro da historia do nacionalismo na nosa cidade, en calquera tipo de elección. 31,57% dos votos, 7,78 puntos máis que en 2020. En termos proporcionais, o aumento en porcentaxe de voto foi do 24,64% en relación a hai catro anos.
42.775 grazas!!!

Das tres forzas con representación no Concello, a única que aumentou en porcentaxe de voto a respecto de hai 4 anos foi o BNG.

O PP  baixou 1,36 puntos porcentuais e o PSOE, 3,45 puntos, en tanto que o BNG aumentou 8,84. En número de votos, o Bloque sumou 15.109 votos máis, o maior incremento entre as tres forzas (o PP subiu 5.309, mentres que o PSOE cedeu 1.673 a respecto de 2020).

Nunha análise por barrios, veremos que o BNG é a primeira forza en áreas como Monte Alto, Barrio das Flores, O Castrillón, Sagrada Familia, Labañou, como se pode comprobar neste gráfico.

Se extrapolarmos estes resultados a unhas municipais -se ben son procesos distintos e non cabe establecer unha correlación mecánica-, a Corporación resultante sería PP, 13 escanos, BNG 10 e PSOE 4, o cal virtualmente colocaría o nacionalismo á fronte do Goberno Local.

 

 

42.775 grazas!!!