Néstor Rego
Novas
Avia Veira e Francisco Jorquera diante do xardín do Observatorio

As escusas de mal pagador do Estado para negar o acceso do público aos xardíns do Observatorio

“Nestes momentos, considérase xustificado manter o acceso limitado aos xardíns da delegación [da Axencia Estatal de Meteoroloxía, AEMET], con obxecto de protexer a saúde dos seus traballadores”, responde o Goberno do Estado a unha pregunta formulada polo voceiro do BNG no Congreso, Néstor Rego, en relación á necesidade da re-apertura ao público dos xardíns do Observatorio.
Ler novas
Novas
Néstor Rego no Pleno do Congreso.

Luz verde do Congreso á proposta do BNG para o sector público intervir Alu Ibérica

O Bloque Nacionalista Galego consegue que o Congreso aprobe unha iniciativa en que insta o Goberno do Estado á intervención pública de Alu Ibérica na Coruña e Avilése  da planta de Alcoa San Cibrao. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, defendeu que o Ministerio de Industria actúe con celeridade, axilidade e transparencia neste caso e propuxo que a SEPI se faga cargo da factoría para garantir a continuidade da actividade e os postos de traballo.
Ler novas
Novas
Marcha contra o ERTE na refinaría. 16 de abril de 2021.

Néstor Rego pídelle ao Ministerio de Traballo que actúe para frear o ERTE da refinaría

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclámalle ao Ministerio de Traballo que investigue as causas alegadas por Repsol na planta de refinaría da Coruña para acollerse a un ERTE dunha duración previsíbel de 6 meses. A formación nacionalista destaca que a información dada pola empresa até o momento só fai referencia a causas de produción. Rego remarca que se estas non se acreditaren adecuadamente estaríamos perante un Expediente de Regulación Temporal de Emprego fraudulento.
Ler novas
Novas
Oficina Correos Novo Mesoiro

Demandamos no Congreso a ampliación do servizo e horario da Oficina de Correos de Novo Mesoiro

O portavoz do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar no Congreso iniciativas para ampliar o servizo e o horario da oficina de Correos do barrio coruñés de Novo Mesoiro. A formación nacionalista recolle as demandas veciñais logo de que se reduciran as quendas de atención ao público, desde xullo de 2020, nesta oficina que dá servizo ao barrio e a outros seis núcleos de poboación e a cinco urbanizacións.
Ler novas
Novas
Rolda de prensa avaliación debate das emendas parciais aos orzamentos xerais do Estado. Néstor Rego e Francisco Jorquera.

Néstor Rego lamenta que os orzamentos do Estado non contemplasen as "demandas históricas da Coruña"

“Os orzamentos xerais do Estado para 2021 non lle deron cabida ás demandas históricas da Coruña e o seu debate deixa nun mal lugar os deputados e deputadas galegos do PSOE e Unidas Podemos que non tiveron a decencia de defender esas reivindicacións no Congreso e que tampouco foron quen de dar o seu voto ás nosas emendas”, afirmou hoxe na Coruña o portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego.
Ler novas
Novas
Rolda de Prensa BNG emendas locais e comarcais aos orzamentos do Estado para 2021. Francisco Jorquera, Tono Chouciño, Xurxo Couto, Néstor Rego, Avia Veira e Daniel Carballada. 

Emendas aos orzamentos do Estado para os incrementar en 304 millóns na cidade e comarca

As emendas parciais que o BNG apresenta aos orzamentos xerais do Estado contemplan un incremento global dos investimentos na cidade e na comarca da Coruña por un valor de 304 millóns de euros, informaron esta mañá en conferencia de imprensa Néstor Rego, Francisco Jorquera e Avia Veira–voceiros do BNG no Congreso e en María Pita e concelleira nacionalista, respectivamente. Ao acto informativo asistiron os portavoces dos grupos municipais do BNG en Culleredo, Tono Chouciño; Cambre, Daniel Carballada; e Arteixo, Xurxo Couto.
Ler novas
Novas
Álex Bergantiños

Rego exixe que se depuren responsabilidades pola desproporcionada detención de Bergantiños

O Bloque Nacionalista Galego exixe no Congreso ao Goberno español que se investigue e se depuren responsabilidades pola detención do xogador do Deportivo da Coruña, Álex Bergantiños. “Resulta inaudito o exceso de celo e de dilixencia policial ante feitos que carecen de relevancia criminal e a súa falta de actuación en casos de verdadeira gravidade” destacou o deputado Néstor Rego.
Ler novas
Novas
FotoMaestranza

O Goberno do Estado non contempla a reversión da venda dos dous soares do Campo da Estrada

A venda dos dous soares do Campo da Estrada por parte do INVIED a un promotor privado, contra o desexo do Pleno do Concello da Coruña que reiteradamente ten solicitado a súa cesión gratuíta á administración local, non vai ser revertida, segundo se tira do texto da resposta que o Goberno do Estado dá a unha pregunta por escrito formulada polo deputado do BNG Néstor Rego.

Ler novas