Memoria-Historica
Novas
Risas fachas

Lanzamos un vídeo instando o Goberno Local a que presente xa a demanda para recuperar a Casa Cornide

Hai nove meses que o Concello da Coruña xa dispón de informes de profesores da UDC que indican que unha demanda para recuperar a titularidade da Casa Cornide conta con suficientes garantías de éxito. Mais tal acción xudicial non acaba de ser formulada, o que motivou unha recente pregunta en Pleno de Avia Veira e o que anima agora o BNG da Coruña a lanzar un vídeo sobre o asunto (disponíbel na nosa canle en Youtube).
Ler novas
Vídeo
Para cando a demanda do Concello sobre a Casa Cornide?

Para cando a demanda do Concello sobre a Casa Cornide?

Hai nove meses que o Concello da Coruña xa dispón de informes de profesores da UDC que indican que unha demanda para recuperar a titularidade da Casa Cornide conta con suficientes garantías de éxito. Mais tal acción xudicial non acaba de ser formulada, o que motivou unha recente pregunta en Pleno de Avia Veira e o que anima agora o BNG da Coruña a lanzar un vídeo sobre o asunto.

O vídeo retrata, desde un rexistro humorístico e cun elenco encabezado pola inefábel parella Francisco Franco e Carmen Polo, como foi artellada a fraude que levou a que a Casa Cornide -xoia arquitectónica barroca en pleno corazón da Cidade Vella, en tempos sede do Concello-, fose espoliada polo ditador, coa entusiasta colaboración de connotados fascistas locais como Pedro Barrié de la Maza ou o naquela altura alcalde Sergio Peñamaría de Llano, devotos franquistas que continúan a contar con rúas na nosa cidade.

Ler novas
Novas
Furgoneta no garaxe da Casa Cornide

O BNG leva ao Parlamento a apertura ao público da Casa Cornide

A deputada do BNG Mercedes Queixas rexistrou unha batería de preguntas no Parlamento galego por medio das cales se interesa por saber como e cando a Xunta vai garantir a inmediata apertura ao público da Casa Cornide após a publicación no DOG, en maio pasado, da incoación do procedemento de declaración do palacete como Ben de Interese Cultural.
Ler novas
Novas
Avenida General Sanjurjo

O BNG demanda a retirada dos letreiros con nomes franquistas

A concelleira do BNG Avia Veira dirixiulle unha pregunta por escrito ao Goberno Local dando conta de que na cidade fican aínda sinalizacións e letreiros con nomes franquistas como os que indican a dirección cara á "Avenida Xeneral Sanjurjo" ou á "Praza Millán Astray".

Ler novas
Novas
PJ

A retirada das honras a Peñamaría de Llano, á Comisión da Memoria

O concelleiro de Cultura e Memoria Histórica, Jesús Celemín, afirmou esta tarde que o Consello da Memoria Democrática analizará a finais de mes a petición do BNG de retirada das honras e distincións ao alcalde da Coruña Sergio Peñamaría de Llano (1959-1963) por ter participado directamente en asasinatos durante a represión franquista.
Ler novas