Mariscadoras da Ría do Burgo
Novas
Mariscadoras

Parabéns ás mariscadoras da Ría do Burgo: a loita dá froitos

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, a deputada no Parlamento Galego, Mercedes Queixas, e o portavoz municipal do Bloque na Coruña, Francisco Jorquera, trasladaron ás mariscadores e mariscadoras da Ría do Burgo a satisfacción do Bloque por que a súa loita desde hai 14 anos dea os seus froitos: a ría vai ser dragada e o colectivo vai cobrar as compensacións polo cesamento da súa actividade mentres duren as obras. “É un exemplo de loita ambiental e económica para outros casos de rías que aínda non están saneadas”, destacou Ana Miranda.
Ler novas
Novas
foto Mercedes Queixas

O BNG logra un acordo do Parlamento para a Xunta adiantar as compensacións ás mariscadoras da Ría

O BNG acada un acordo unánime na Comisión de Pesca, tras aceptar unha emenda do Partido Popular,  polo que o Parlamento de Galiza insta a Xunta a “adiantar os cartos das compensacións económicas por  inactividade obrigada aos mariscadores  da Ría do Burgo durante o tempo que duren as obras de dragaxe e rexeneración, previa garantía de transferencia, mediante a sinatura dun convenio dos fondos pertinentes polo Estado para esta finalidade, o que permite activar garantías de protección aos mariscadores e evitarlles un compromiso de endebedamento  engadido innecesario, dende o inicio das obras”.
Ler novas
Novas
Francisco Jorquera e Fran Rei cos mariscadores da Ría do Burgo perante a Delegación do Goberno. Mércores 28 de abril de 2021.

O Goberno Local debe mediar entre Xunta e Estado para que se indemnice as mariscadoras da Ría do Burgo

A Xunta di que é o Estado quen ten que indemnizar as e os mariscadores da Ría do Burgo (por ser a administración  responsábel da dragaxe), en tanto que o Estado replica que é a Xunta quen o ten que facer (por ter as competencias en pesca e marisqueo), nun xogo que o noso voceiro en María Pita, Francisco Jorquera, ten definido como “unha partida de ping pong interminábel” na que se usa como reféns as persoas mariscadoras.
Ler novas