fachada-maritima
Novas
Pontón RdP

"Onde está Feixoo? Por que non asume como propia a demanda da condonación da débeda do porto?"

Que o presidente da Xunta asuma como propia a causa da condonación da débeda do porto da Coruña. Que non acepte mansamente a discriminación que supón que o Goberno do Estado perdoase o débito da dársena de València e non o da Coruña. Iso veu dicir este xoves na Coruña a nosa portavoz nacional, Ana Pontón, unha comparecencia informativa canda o noso voceiro en María Pita, Francisco Jorquera.
Ler novas
Novas
Bus da Compañía de tranvías realizando parada en Porta Real

A falta de case 2 meses aínda non sabemos que pasará coa concesión que caduca de Tranvías

Queremos que o Goberno da Marea Atlántica explique que proxecto ten para o transporte colectivo urbano a tan só 2 meses de que expire a prórroga da concesión á Compañía de Tranvías

Despois de dous anos, e despois das múltiples interpelacións que fixemos ao longo deste tempo, o Executivo segue sen aclarar o futuro dun servizo que é fundamental no día a día das persoas na nosa cidade e sen concretar cuestións clave en mobilidade: seguimos sen o reiteradamente prometido mapa de rutas, seguimos con 0 metros de carril bus, seguimos sen saber se canto menos se valorou a posibilidade de que a xestión do bus puidera ser pública etc. Moito nos tememos que todo seguirá igual e, o que será peor, durante meses o Concello da Coruña pagará cuantiosamente de xeito irregular as facturas que a Compañía de Tranvías lle traslade por un servizo fora de contrato

Neste Pleno do luns tamén realizaremos preguntas para a súa resposta oral a respecto dos orzamentos municipais de 2019

Por último queremos que se explique que entende o alcalde por “responsabilidade institucional” a respecto dos convenios urbanísticos asinados co Ministerio de Defensa e non aos relativos á reordenación dos peiraos interiores de 2004

Ler novas
Novas
Un dos momentos da rolda de prensa ofrecida esta mañá pola nosa portavoz nacional Ana Pontón e o noso tándem de cabeceira Francisco Jorquera e Avia Veira

Despois do debate de maio volvemos levar ao Parlamento o futuro do noso Porto

Pediremos no Parlamento que as deputadas e os deputados por Galiza condicionen o seu apoio aos orzamentos de Sánchez ao finaciamento do porto da Coruña

Ana Pontón a Feixóo: “Que pasa se mañá o Goberno central cambia de opinión e non condona a débeda a Valencia,... volve ao punto de partida de non reclamar nada para Punta Langosteira?”

Paco Jorquera pide a Beatriz Mato que poña os intereses da Coruña por diante dos intereses do PP e a Xulio Ferreiro que deixe a improvisación e exerza o liderado que lle corresponde ao Goberno da cidade

Ler novas
Novas
Vista aerea do porto da Coruña cos peiraos de Calvo Sotelo e de Bateria á esquerda

A propostas ridículas respostas contundentes: demandamos a retirada do “concurso de ideas” sobre o bordo litoral

Exiximos que se inicien os procedementos necesarios para a celebración da Consulta Popular antes de fin de ano e instamos o Goberno Local a actuar con seriedade e a retirar o concurso de ideas

Que a Marea Atlántica, despois dos seus continuos e inesgotábeis «procesos participativos», saque da chisteira este novo proceso e aposte o futuro da nosa Fachada Marítima a un «concurso» é síntoma inequívoco da súa falta de propostas, da inexistencia dun proxecto de cidade

A improvisación constante no tema da fachada marítima reflicte que o Goberno Local non está a altura do que supoñen os usos dos terreos portuarios para a cidade e para o seu futuro

Consideramos que é dunha falta de seriedade impropia que o concelleiro de Rexeneración Urbana anuncie un concurso –do que aínda non se coñecen as bases porque están en elaboración– no que poderán participar persoas sen titulación académica ou coñecementos técnicos, con proxectos que non van ter encaixe urbanístico claro e cunha probabilidade moi elevada de que nunca poida chegar a levarse cabo

Ler novas
Novas
Parcarta da Comisión Aberta en Defensa do Común colocada no salón de plenos durante a celebracion da Asemblea Cidadá que aprobaba a Consulta Popular

A Marea Atlántica está a burlarse da veciñanza da Coruña

O anuncio do Goberno municipal de convocar un “concurso de ideas” sobre a fachada marítima é un insulto á veciñanza xa que ven de gastarse máis de 70.000 euros no foro e no estudo do borde litoral

A Marea estase a rir da das coruñesas e dos coruñeses que nos últimos anos estivemos a reclamar a devolución á cidade dos terreos portuarios e outro modelo para a súa xestión. Ademais de incumprir reiteradamente os acordos tomados en Pleno polos que se instaba a realizar unha Consulta Popular agora pretende iniciar o enésimo proceso participativo, adiando tomar posición e defender con contundencia os intereses lexítimos da Coruña. As súas renuncias amosan as carencias do seu goberno e amosa a súa falta de proxecto

Urximos a convocar para antes de que finalice este ano a Consulta Popular aprobada en Pleno en marzo de 2017

Cremos tamén escandaloso que Ferreiro formule a posibilidade de tanteo sobre os terreos da Maestranza e amosa a súa indignación pola desidia e parálise do Executivo á hora de reclamar ao Ministerio de Defensa as parcelas do Campo da Estrada

Ler novas
Novas
Rolda de prensa con Ana Pontón a respecto do proxecto do BNG sobre os peiraos interiores

Formulamos no Parlamento de Galiza un proxecto global e incluínte para a Fachada Marítima da Coruña

A nosa portavoz nacional Ana Pontón propón unha fronte común para que o Estado pague Punta Langosteira sen hipotecar o futuro da Coruña

Levamos esta proposta ao Parlamento para frear o protocolo asinado por Xunta de Galiza, Autoridade Portuaria, Portos do Estado e Ministerio de Fomento, que discrimina a Galiza cando hai “choiva” de investimentos noutros territorios

Ler novas