Novas
O Consello da Memoria Democrática leva sen ser convocado desde novembro de 2019
A concelleira do BNG Avia Veira rexistrou un rogo oral para o Pleno do Concello do próximo mes de marzo co obxectivo de que o Goberno Local convoque no menor tempo posíbel o Consello da Memoria Democrática. Este órgano leva sen se reunir desde o 27 de novembro de 2019.