Novas
O BNG teme que a degradación de Nostián, agravada pola demora na tramitación do novo contrato, poña Sogama no horizonte
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, mostrou hoxe a súa preocupación por que a lentitude na tramitación do novo contrato da planta de tratamento de residuos de Nostián leve á degradación das instalacións e a crear unha situación que conduza o Goberno Local a presentar a incorporación a Sogama como única alternativa.