Vídeo
casa-cornide
Novas
Un escrito ante Cultura para que se poñan medidas cautelares que blinden o contido da Casa Cornide
O Bloque Nacionalista Galego apresentou o pasado luns 11 de xaneiro un escrito perante a Consellaría de Cultura para que se acelere o procedemento para a declaración da Casa Cornide como Ben de Interese Cultural e se adopten as medidas cautelares precisas que impidan o espolio dos bens que se achan no interior do palacete.
Novas
Interpelado sobre o espolio dos bens da Casa Cornide por parte dos Franco, Celemín alude á "presunción de inocencia"
Interpelado no Pleno por Francisco Jorquera sobre que medidas se pensan adoptar desde o Goberno Local para impedir o espolio dos bens que hai no interior da Casa Cornide, a súa retirada nunha furgoneta foi denunciada polo BNG o pasado 22 de decembro, o concelleiro delegado de Memoria Histórica, Jesús Celemín, apelou á "presunción de inocencia” dos Franco e non anunciou ningunha medida inmediata do Concello para a evitar.
Vídeo
Novas
Que vai facer o Goberno Local para evitar o espolio da Casa Cornide?
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, vaille preguntar ao Goberno Local, no Pleno do próximo xoves 14 de xaneiro, que medidas pensa impulsar para evitar que os Franco espolien os bens que se atopan no interior da Casa Cornide.
Novas
Os Franco están a extraer os bens da Casa Cornide diante da posibilidade de perderen tamén este inmóbel
O BNG denuncia que os Franco están a levar os bens que se atopan no interior da Casa Cornide, tal e como tentaran facer no Pazo de Meirás.
L
Novas
O Parlamento pídelle ao Goberno Galego que acelere a declaración como BIC da Casa Cornide
A Comisión de Educación e Cultura do Parlamento galego aprobou este martes por unanimidade unha proposición non de lei da autoría da nosa deputada Mercedes Queixas en que se insta a Xunta de Galiza a acelerar a declaración como BIC da Casa Cornide.
Novas
Este martes, debate no Parlamento galego dunha iniciativa do BNG para a Xunta axilizar a declaración como BIC da Casa Cornide
A Comisión de Educación e Cultura do Parlamento galego someterá a votación e debate este martes 17N (a partir das 10.30 horas) unha proposición non de lei do BNG para a Xunta axilizar os trámites que leven á declaración da Casa Cornide como Ben de Interese Cultural (BIC).
Novas
Batería de iniciativas no Parlamento galego para a Xunta declarar a Casa Cornide como BIC canto antes
Unha proposición non de lei para o seu debate en Pleno e Comisión, unha pregunta oral e outra por escrito. Tal é a batería de iniciativas que en relación á Casa Cornide, un ben patrimonial do pobo coruñés espoliado polo franquismo durante a ditadura, acaba de rexistrar no Parlamento galego a deputada do BNG e representante da cidade e a comarca no Pazo do Hórreo, Mercedes Queixas. O propósito básico, instar a Xunta de Galiza a que no mais breve prazo de tempo posíbel declare a Casa Cornide como Ben de Interese Cultural (BIC).
Novas
Apoio ás mocións sobre a Casa Cornide e as axudas á hostelaría, rexeitada a das Percebeiras
O Pleno do Concello da Coruña aprobou este xoves as mocións defendidas polo BNG en relación á Casa Cornide e a respecto do sector da hostelaría, un dos máis castigados pola pandemia. En troca, e ao recibir os votos contrarios do PSOE e a abstención do PP, a moción do BNG en favor da retirada do proxecto das Percebeiras foi rexeitada. Esta última moción asumía as demandas da Asociación de Veciñas e Veciños de Labañou, até o punto de que o texto a debate foi redactado integramente por este colectivo veciñal.