Avia Veira
Novas
RAG

Unha moción para a Casa Museo Emilia Pardo Bazán e a RAG ficaren na cidade

Que a Corporación exprese o seu desexo de que a Real Academia Galega e a Casa Museo Emilia Pardo Bazán permanezan na cidade. Ese é un dos propósitos que anima a moción que a concelleira do BNG Avia Veira vai defender no Pleno do vindeiro xoves 3 de decembro. A iniciativa persegue tamén instar a Xunta a que, unha vez restituída a titularidade pública do Pazo de Meirás, reclame a súa cesión ao Estado para o converter nun Centro para a Memoria Democrática da Galiza, sen desbotar por iso que cumpra tamén funcións de recordación da figura da autora de “Los Pazos de Ulla”.
Ler novas
Novas
20200302_114809

Cando pensa o Goberno Local levar a Pleno o Ordenanza do Galego?

En xuño de 2019, ao asinar o Acordo de Investidura co BNG, o PSdeG-PSOE comprometíase a aprobar, no primeiro ano de mandato, a Ordenanza do Galego, unha norma encamiñada a regular o uso do noso idioma por parte do Concello. Transcorrido ese primeiro ano de mandato, o compromiso do grupo que dá soporte ao Goberno Local continúa sen ser cumprido.
Ler novas
Novas
Rolda de Prensa BNG emendas locais e comarcais aos orzamentos do Estado para 2021. Francisco Jorquera, Tono Chouciño, Xurxo Couto, Néstor Rego, Avia Veira e Daniel Carballada. 

Emendas aos orzamentos do Estado para incrementar os investimentos na cidade e na comarca por valor de 304 millóns

As emendas parciais que o BNG apresenta aos orzamentos xerais do Estado contemplan un incremento global dos investimentos na cidade e na comarca da Coruña por un valor de 304 millóns de euros, informaron esta mañá en conferencia de imprensa Néstor Rego, Francisco Jorquera e Avia Veira–voceiros do BNG no Congreso e en María Pita e concelleira nacionalista, respectivamente. Ao acto informativo asistiron os portavoces dos grupos municipais do BNG en Culleredo, Tono Chouciño; Cambre, Daniel Carballada; e Arteixo, Xurxo Couto.
Ler novas