Alu Ibérica
Novas
Reunion Alu Ibérica

Pontón propón a intervención pública de Alu Ibérica e pídelles a Xunta e ao Estado que colaboren na solución

A portavoz nacional, Ana Pontón, mantivo un encontro co comité de empresa de Alu Ibérica, xunto co portavoz municipal, Francisco Jorquera, e o portavoz parlamentario de industria, Ramón Fernández, no que  demandou a Goberno central e Goberno da Xunta que deixen a súa pasividade e adopten a única solución para garantir a produción e o emprego: a intervención pública. A xuntanza tivo lugar nunha sala da CIG no Edificio Sindical.
Ler novas
Novas
Néstor Rego no Pleno do Congreso.

Luz verde do Congreso á proposta do BNG para o sector público intervir Alu Ibérica

O Bloque Nacionalista Galego consegue que o Congreso aprobe unha iniciativa en que insta o Goberno do Estado á intervención pública de Alu Ibérica na Coruña e Avilése  da planta de Alcoa San Cibrao. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, defendeu que o Ministerio de Industria actúe con celeridade, axilidade e transparencia neste caso e propuxo que a SEPI se faga cargo da factoría para garantir a continuidade da actividade e os postos de traballo.
Ler novas
Novas
<i>Francisco Jorquera</i>

"O encontro de Avilés chega tarde. A alcaldesa tense que reunir coa ministra e co titular de Industria da Xunta"

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, avalía nestes termos a visita feita onte pola alcaldesa da Coruña á súa homóloga de Avilés: “Parécenos ben que respondendo a unha demanda dos traballadores se faga unha fronte común, mais este movemento chega tarde e é insuficiente”. O voceiro nacionalista insta Inés Rey a que se reúna canto antes coa ministra Reyes Maroto e o titular das competencias de Industria da Xunta, Francisco Conde”.

 

Ler novas
Vídeo
"A solución, a intervención!"

"A solución, a intervención!"

Francisco Jorquera insta o Goberno Local a que se poña a carón dxs traballadorxs de Alu Ibérica e demande con enerxía a intervención pública da factoría coruñesa. "A Coruña e a comarca non poden converterse nun deserto industrial", remarca, mentres que Mercedes Queixas lle esixe ao presidente da Xunta "que non lle trema nin o pulso nin a voz á hora de demandar a intervención pública da antiga Alcoa na Coruña" #OBNGNarúa #ASoluciónAIntervención.

MOSTRAR MENOS

Ler novas