NA CORUÑA O BNG É SEGUNDA FORZA E INCREMENTA EN CASE 20 MIL VOTOS O RESULTADO DE 2016

Un resultado histórico no país, na cidade e na comarca

Noite electoral. Eleccións galegas 12 de xullo de 2020.

Histórico. É o adxectivo que mellor lle acae ao resultado alcanzado polo BNG nas eleccións galegas deste 12X, quer no país quer na cidade quer na comarca. Así como tal o viviron os centos de militantes e simpatizantes nacionalistas que se deron cita na Praza da Fariña para faceren o seguimento da noite electoral.

Un resultado histórico no país, na cidade e na comarca

"Traballamos arreo durante estas dúas semanas e fixémolo sempre en comuñón co pobo, coa xente", avaliaba unha exultante Mercedes Queixas. "É imposíbel non estarmos moi satisfeitas cun resultado que é verdadeiramente histórico. 19 escanos é unha cimeira nunca antes alcanzada polo BNG no Parlamento galego", acotou. Con todo, a alegría non podía ser completa porque "Feijóo vai continuar a gobernar durante os próximos catro anos". "En todo caso, os resultados confirman que a alternativa de goberno ao PP é o BNG como segunda forza do país e que a alternativa a Feijóo é, a catro anos vista, claramente Ana Pontón", dixo a deputada electa da formación nacionalista.

"Os resultados son excelentes. Os mellores da nosa historia. E quero remarcar o contributo da nosa cidade a eses resultados", subliñou Francisco Jorquera. En efecto, na Coruña o BNG obtivo hoxe 16.369 votos máis que en 2016. "Na práctica cuadruplicamos a percentaxe de voto", resaltou. "1 de cada 4 coruñesas e coruñeses votaron BNG, até converternos na segunda forza en apoios. O noso agradecimento a eles é inmenso. Imos honrar esa confianza co noso traballo e co noso compromiso en defensa dos intereses desta cidade", dixo.

noite electoral 3

"O que fixo o BNG, pasar de 6 a 19 escanos, non o fai unha organización política calqueira. Só o fai quen ten unha militancia como a nosa, xente que tira do carro e que o fai unica e exclusivamente por amor, por paixón por este país", dixo Carlos Babío, número 8 da candidatura e activista pola restitución da memoria histórica.

noite electoral 4A Praza da Fariña acabou tributando un longo aplauso -Be-ne-gá, be-ne-gá!- á nosa portavoz nacional cando apareceu na pantalla da TVG para valorar os resultados do BNG. Históricos, si. O nacionalismo volve ser a segunda forza do país. E xa non se poderá dicir que non hai alternativa de goberno a Feijóo. Haina e encabézaa Ana Pontón.

 

 

 

Un resultado histórico no país, na cidade e na comarca