Novas
David Soto sostendo o gráfico sobre a evolución das comisións de servizos no Concello durante os últimos mandatos.

David Soto faise eco das críticas da Xunta de Persoal ao proceso de elaboración da RPT

O BNG continúa o seu labor de fiscalización da xestión do persoal do Concello que se realiza desde o Goberno Local e, nese sentido, o concelleiro nacionalista David Soto rexistrou unha pregunta oral para o Pleno do vindeiro xoves 14D en que inquire o Executivo coruñés sobre as críticas formuladas pola representación das traballadoras/es municipais ao proceso de elaboración dunha nova RPT (Relación de Postos de Traballo).
Ler novas
Vídeo
"Con este Acordo orzamentario quen gaña é A Coruña"

"Con este Acordo orzamentario quen gaña é A Coruña"

A Coruña vai ter por fin orzamentos novos -os vixentes son os prorrogados de 2022- e vainos ter xa a partir de 1 de xaneiro de 2024, a primeira vez que tal cousa acontece desde 2015.

É o produto dunhas "negociacións intensas e laboriosas" que "felizmente deron froito", dixo o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, após asinar coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o Acordo Político que garantirá a aprobación das contas en tempo e forma.

Quen vai gañar con este Acordo é, sen dúbida, a nosa cidade, enfatizou Jorquera na súa intervención ante os medios.

Ler novas
Asinatura do acordo político orzamentos do Concello para 2024. Francisco Jorquera.

Acordo político para uns "bos orzamentos" para A Coruña que entrarán en vigor a 1 de xaneiro, o que non acontecía desde 2015

Os orzamentos do Concello para 2024 serán uns “bos orzamentos” e entrarán en vigor o 1 de xaneiro, o que constitúe “un logro do que debemos felicitarnos”, unha circunstancia que non acontecía desde 2015. Nestes termos expresouse o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, após ter asinado coa alcaldesa Inés Rey o Acordo Político que posibilitará a aprobación do proxecto de orzamento do Concello da Coruña para 2024, produto de “meses de negociacións intensas e laboriosas, pero que deron froito”.
Ler novas