Novas
Albalat

Que pensa facer o Goberno Local para pór remedio aos diversos incumprimentos da Ordenanza do Galego?

Das 7 grandes cidades galegas A Coruña foi a última en se dotar dunha Ordenanza do Galego e fíxoo finalmente grazas ao impulso do BNG. A norma apareceu publicada no BOP (Boletín Oficial da Provincia) o pasado 22 de xuño. Decorrido apenas un mes, a concelleira nacionalista Avia Veira rexistra unha pregunta por escrito ao Goberno Local en relación con distintos incumprimentos da Ordenanza do Galego que xa se teñen rexistrado e, por tanto, coa intención de saber que pensa facer o Executivo coruñés ao respecto.
Ler novas
NR

Paixón por Curros, paixón por Galiza

Homenaxear Curros é tanto como render tributo ao mellor que deu o noso país, a paixón pola defensa das súas clases populares, da súa lingua, da súa identidade, da súa condición de pobo diferenciado.
Ler novas
Jorquera e Veira rolda prensa orzamentos

Por unha negociación dos orzamentos sen exclusións e por unhas contas que non paguen polo que xa é noso

O grupo municipal do BNG avalía en termos positivos que o PSOE e a Marea Atlántica rectificasen a súa posición en relación aos orzamentos do Concello –o grupo socialista optou no seu día por prorrogar as contas de 2020 e non negociar un novo presuposto, a Marea tivo actitudes que no seu momento fixeron moi difícil a posibilidade de chegar a acordos-, mais advirte que “non sería bon para a cidade” que a negociación orzamentaria se establecese a dous e excluíse a formación nacionalista.
Ler novas
escanos

O Pleno de xullo dá luz verde ás tres mocións do BNG

O Pleno do Concello aprobou este xoves as tres mocións formuladas polo BNG, iniciativas que defenden o abaratamento da tarifa eléctrica, a garantía do dereito do alumnado con discapacidade a continuar a súa formación nos Centros de Educación Especial e o reforzo do servizo do 010.
Ler novas