Documentos
Vídeo
Desmontando a "necesidade" de ampliar a avenida da Vedra

Desmontando a "necesidade" de ampliar a avenida da Vedra

O presente vídeo quere desmontar a "suposta" necesidade da ampliación da avenida da Vedra debido ao colapso permanente que sufre e que é argumentado por algúns partidos políticos e algunhas empresas privadas. Gravado en distintos días (entre o 22 de xaneiro e o 20 de febreiro), en distintos horarios (entre as 8.00 h e as 20.00 h), percórrese todo o trazado, ida e volta, da chamada Avenida de Alfonso Molina, amosándose que o tráfico é fluído, sen retencións e cun transito de vehículos normalizado, fora de calquera colapso permanente, como é argumentado. Percórrese toda a avenida da Vedra desde a rúa Linares Rivas, en traxecto de ida e de volta en 10 minutos... Preguntámonos a quen beneficia a ampliación? Meter máis cemento? Máis carrís?... No BNG apostamos por unha MOBILIDADE substentábel, pola optimodalidade e polos investimentos no transporte público, e non por meter máis coches na nosa cidade. Haberá máis vídeos nos que veremos cantos trens temos para movernos desde a cidade á comarca, cantos buses, a que horas e con que paradas e como funciona o transporte público da cidade.
Ler novas
Vídeo
Rolda de prensa de presentación das emendas aos orzamentos do Concello

Rolda de prensa de presentación das emendas aos orzamentos do Concello

Presentamos emendas aos orzamentos por valor de máis de seis millóns de euros para mellorar o orzamento priorizando os servizos públicos, o emprego, a mobilidade, a xustiza social e os barrios sobre as externalizacións e as festas

Esiximos que se cumpra coa moción aprobada en Pleno para a convocatoria dunha consulta publica sobre o futuro dos terreos do Porto e para iso recollemos unha partida orzamentaria

Sinalamos xa que o orzamento de 2018 era o orzamento das renuncias deste Goberno municipal. Para corrixir isto, diminuímos a partida en externalizacións, publicidade, dietas do Goberno e festas e introducimos, entre outras moitas, unha partida para o carril bus, subimos de 1 a 1,6 millóns de euros a partida da Renda Social Municipal, unha partida para o Plan de Inclusión Social

Malia que cremos que as nosas propostas son cuestións básicas que deben ser recollidas no orzamento tamén cremos que a solución a moitas tachas do Executivo da Marea Atlántica correspóndense ao que ten que ser a acción do Goberno, impulsar a modificación do regulamento de Participación, facer efectivas as ofertas públicas de emprego, exixirlle á empresa de limpeza viaria que cumpra etc

Ler novas
Vídeo
Visita de Ana Miranda á ría do Burgo o 25 de maio de 2017

Visita de Ana Miranda á ría do Burgo o 25 de maio de 2017

Visita da deputada no Parlamento europeu polo BNG, Ana Miranda, á Ría do Burgo para facer revisión das actuacións recollidas no Informe da Comisión de Peticións europea no que se instaba ao Goberno do Estado a a investir os fondos económicos necesarios e a non escatimar esforzos para limpala de xeito urxente, a rexenerala e a retirar así como tratar os lodos.
Ler novas