MEDIO AMBIENTE

Que se fai coa contaminación lumínica na Coruña?

Contaminación lumínica no parque Europa
Contaminación lumínica no parque Europa

Preguntaremos no próximo Pleno sobre a actuación do Goberno municipal en materia de contaminación lumínica

Interesámonos sobre se o Executivo local ten realizado algún tipo de avaliación, xunto con colectivos, expertos e particulares, da contaminación lumínica na cidade producida pola iluminación pública tal e como solicitou o propio BNG nun rogo escrito rexistrado o 3 de outubro de 2015

Que se fai coa contaminación lumínica na Coruña?

Preguntaremos no próximo Pleno sobre a actuación do Goberno Municipal a respecto da contaminación lumínica na nosa cidade (podes ver aquí a iniciativa).

Na actualidade están vixentes as Instrucións para a iluminación pública de viarios e espazos urbanos do concello da Coruña. Porén, trátase dun documento pouco ambicioso canto ao control da contaminación lumínica, cando hoxe en día ninguén discute xa o impacto negativo que xera a iluminación lumínica sobre moitas especies, hábitat, ecosistemas e paisaxes.

E é que en outubro de 2015 presentamos un rogo no que se solicitaba ao Goberno municipal realizar, xunto con colectivos, expertos e particulares, un informe sobre a contaminación lumínica na cidade producida pola iluminación pública. Xusto cando naquel momento no Parlamento galego se aprobaba por unanimidade unha Declaración institucional en defensa do ceo nocturno onde se di que deberá promoverse e esixirse o uso racional da iluminación artificial para minimizar o resplandor que provoca no ceo e evitar a nociva intrusión de luz sobre os seres humanos e o medio natural.

Deste xeito, queremos que o Goberno da Marea informe se finamente realizou o informe solicitado e que aclare que medidas ten adoptado para afrontar a contaminación lumínica na nosa cidade así como se se vai tomar algunha medida nos vindeiros anos.

A Coruña, 2 de marzo de 2017

Que se fai coa contaminación lumínica na Coruña?