Política de proximidade en todos os barrios da Coruña

Política de proximidade en todos os barrios da Coruña

 

O dereito á cidade e a cidade como lugar de dereitos atopan a súa materialización natural nos barrios como espazos específicos para poñer en valor dinámicas de transformación social.  Por iso, o BNG quere que A Coruña siga a ser unha cidade de barrios, onde os veciños e as veciñas participen desta proximidade que redundará nunha calidade de vida maior e onde cada un dos barrios da cidade poda dispoñer dos servizos precisos, do desenvolvemento económico necesario e das infraestruturas precisas. Barrios non só comunicados co centro senón tamén entre eles, para procurar actividade entre eles, económica, social e de mobilidade. As súas características urbanas ou rurais, segundo o barrio, deben conservarse e poñerse en valor mediante actuacións axeitadas a cada caso.

 

Todas as políticas aféctanlle á cidadanía mais querémonos referir con “de proximidade” a aquelas que lle atinxen ao propio barrio onde vive unha persoa. Así, a primeira e fundamental actuación de proximidade que quere levar a cabo o BNG na Coruña é precisamente ter en conta a veciñanza en todas aquelas actuacións municipais que lle afecte directamente polo lugar onde vive, ademais de garantir neste propio lugar a aplicación daquelas ordenanzas municipais que redunden na mellora da súa calidade de vida.

 

Podes ver todas e cada unha das actuacións recollidas no programa electoral co que o BNG se presentou ás eleccións municipais premendo na ligazón. Estas propostas (apartado 3 do programa) naceron a raíz das múltiples reunións que mantiveron os e as representantes do BNG cos movementos sociais, porque o programa do BNG é o programa dos movementos sociais.

Política de proximidade en todos os barrios da Coruña