Fiscalidade local máis progresiva

Fiscalidade local máis progresiva

  • Establecer gravames máis elevados no IBI cando o suxeito pasivo sexa titular de grandes patrimonios, locais e pisos baleiros e en desuso, sen seren empregados.
  • Ter en conta no establecemento de taxas, ademais do custe do servizo, outros criterios de equidade, como a capacidade económica dos usuarios e usuarias do ben ou servizo.
  • Propiciar que o Concello participe non só nas taxas xa establecidas por ocupación de dominio público local, senón que tamén se beneficie doutros dominios públicos do seu ámbito xestionados polo Estado, como é o espazo radioeléctrico, ou tamén por exemplo a ocupación pública de entidades privadas como os caixeiros automáticos.

Fiscalidade local máis progresiva