Trato antagónico no Ofimático: o PP premia os grandes promotores e castiga os desaloxados

Trato antagónico no Ofimático: o PP premia os grandes promotores e castiga os desaloxados

A Coruña, 5 de xuño de 2013.- O Grupo Municipal do BNG denuncia o trato, completamente, antagónico do Goberno do Sr. Negreira respecto do colectivo de afectados da urbanización do Ofimático, con promotores ricos versus promotores pobres (as persoas desaloxadas). As nacionalistas critican as diferenzas de trato do PP cos colectivos afectados: aos promotores ricos, prémiaos con máis aproveitamentamento urbanístico e perdóalles o pago das cotas de urbanización, e aos desaloxados, aplícalles con contundencia a lei para os expulsar dos seus fogares.

Así, o Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que o Goberno do Sr. Negreira perdoa os promotores ricos, contra os que se nega a proceder polo impago das cotas de urbanización e premiaos coa mellora do aproveitamento urbanístico. Así, a modificación do plan parcial do Ofimático, aprobada recentemente polo Partido Popular, contempla máis plantas na finca Z-34, un solar propiedade do Sr. Fontenla, un dos principais beneficiarios da política urbanística especulativa do Sr. Negreira.

As nacionalistas critican que o alcalde premie os promotores ricos co aumento de dúas novas plantas no edificio, permitíndolles pasar de baixo e cinco plantas a baixo e sete. Con esta manobra, que o Goberno municipal ocultou na memoria da modificación, o PP agasalla estes construtores co aproveitamento de toda a parcela, tanto en baixo rasante (garaxes) como na planta baixa.

Fronte a esta situación sitúanse os promotores pobres, as persoas desaloxadas, ás que o Goberno municipal lles aplica con rigor a lexislación. As nacionalistas denuncian que o PP actúa con contundencia contra estas persoas para as expulsar do seu fogar, cando non teñen alternativa de vivenda ningunha e cando o Goberno do Sr. Negreira non lles está a dar ningunha solución. Precisamente, o Grupo Municipal do BNG formulará na sesión plenaria de mañá unha pregunta oral para coñecer como prevé resolver o Goberno do Sr. Negreira o problema de vivenda que teñen as persoas desaloxadas do Ofimático unha vez tiren os seus fogares.

Trato antagónico no Ofimático: o PP premia os grandes promotores e castiga os desaloxados