O Sr. Negreira impídelles ás nenas subir á zorra do poboado de Nadal

O Sr. Negreira impídelles ás nenas subir á zorra do poboado de Nadal

unnamedA Coruña, 23 decembro de 2014- O Grupo Municipal do BNG anuncia a presentación dun rogo para pregarlle ao Goberno do Sr. Negreira que substitúa a linguaxe sexista nas actividades de Nadal e, nomeadamente, no poboado navideño. Sinalan as nacionalistas que de determinadas decoracións do poboado colgan avisos co lema “Solo niños”. Ou ben o Sr. Negreira non permite que as nenas suban á zorra ou ben oculta a presenza das nenas baixo o xenérico masculino.

O Grupo Municipal do BNG insiste na necesidade de que o Concello da Coruña, como Administración local, promova en todas as súas facetas a igualdade efectiva entre homes e mulleres –tamén na linguaxe- e introduza en todas as actividades a perspectiva de xénero. Ademais, o BNG advirte da importancia de educar as crianzas cunha linguaxe non sexista que recoñeza, de igual xeito, as nenas e os nenos.

Pola outra banda, o BNG denuncia o uso do español como lingua vehicular do poboado, nunha nova mostra de que o Goberno do Sr. Negreira incumpre, de maneira flagrante, a normativa vixente en materia lingüística.

O Sr. Negreira impídelles ás nenas subir á zorra do poboado de Nadal