O Sergas terá que responderlle ao BNG sobre o peche da planta de Abente y Lago

O Sergas terá que responderlle ao BNG sobre o peche da planta de Abente y Lago

A Coruña, 28 de novembro de 2013.- O Grupo Parlamentar do BNG formulará mañá na comisión 5ª do Parlamento a pregunta oral relativa ao peche da planta de medicina interna do hospital Abente y Lago. Así Xunta de Galiza terá que darlle explicacións ao BNG en relación ao peche definitivo desta planta de 25 camas, que mantén pechada desde antes do verán.

A portavoz de Sanidade do BNG no Parlamento, Montse Prado, preguntaralle ao Sergas por que mantén pechadas 25 camas no hospital Abente y Lago cando, de xeito frecuente, se están a producir demoras nos ingresos e nas listas de espera. Cando o BNG rexistrou esta iniciativa, aínda non se coñecía o peche definitivo desta planta, polo que o Goberno de Feijóo terá que dar contas sobre este novo recorte que supón un forte golpe na área sanitaria da Coruña.

Ademais, o Sergas terá que explicarlle ao BNG que actuacións realizou diante da situación producida nos últimos días de outubro nos servizos de urxencias do CHUAC, que medidas ten pensado adoptar para evitar os colapsos nas urxencias e cal era o número de camas baleiras no complexo hospitalario a 31.10.2013. Precisamente, o BNG denunciara, a finais do mes de outubro, o colapso das urxencias do CHUAC á vez que o PP teimaba en manter pechadas as camas no Abente y Lago.

A Comisión de Sanidade reunirase ás 10.30 e a pregunta oral sobre o Abente y Lago formularase, aproximadamente, ao redor das 11.30. Podedes seguila, a través da ligazón.

O Sergas terá que responderlle ao BNG sobre o peche da planta de Abente y Lago