A sentenza do Ofimático debería implicar a inmediata paralización das obras

A sentenza do Ofimático debería implicar a inmediata paralización das obras

Imaxe dunha das concentracións das e dos residentes do Ofimático

A Coruña, 10 de decembro de 2014- O Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que a sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña que anula o expediente de contratación das obras de urbanización do parque Ofimático debería implicar a paralización inmediata da execución das obras de urbanización de cara a modificar o planeamento do PXOM e do propio Plan Parcial do Ofimático e, en consecuencia, o proxecto de reparcelación e de urbanización.

As nacionalistas insisten en que esta modificación debe facerse en beneficio do interese xeral da veciñanza, nomeadamente dos veciños e veciñas de Elviña, e non en beneficio dos intereses dos grandes promotores, os que protexe o Goberno do Sr. Negreira. Neste sentido, o Bloque é consciente de que a modificación do planeamento é unha operación algo complexa, mais tamén foron e son complexas todas as modificacións do planeamento que acomete o Goberno do Sr. Negreira en beneficio dos grandes promotores; alén dos privados, entre os que se pode incluír a Xestur.

A sentenza do Ofimático debería implicar a inmediata paralización das obras