A retirada do anteproxecto da lei do aborto é un éxito das mulleres e da presión social

A retirada do anteproxecto da lei do aborto é un éxito das mulleres e da presión social

cartaz-abortoA Coruña, 24 de setembro de 2014- O Grupo Municipal do BNG sinala que a retirada do anteproxecto de reforma da lei do aborto, que cualifica como retrógrado e reaccionario, é toda unha vitoria do movemento feminista e que tivo lugar grazas á mobilización social, ás mulleres e á presión política exercida desde distintas formacións como o BNG.

En relación ao anuncio do Goberno de Rajoy de que reformará a actual normativa vixente no que atinxe ao consentimento paterno e materno das menores de 16 e 17 anos para interrumpir o seu embarazo, o Bloque pon de manifesto que a actual lei xa contempla esas garantías para os casos de mala relación paterno-filial, cando non hai consentimento dos proxenitores, posto que neses supostos as menores teñen que contar cun consentimento de servizos sociais, e deben estar acompañadas dunha persoa de servizos sociais.

A retirada do anteproxecto da lei do aborto é un éxito das mulleres e da presión social