"Pues que les aproveche"

"Pues que les aproveche"

A Coruña, 18 de xullo de 2013.- “Sabemos que continuarán utilizando este argumento demagógico para seguir desgastando al Gobierno municipal. Pues que les aproveche”. Deste xeito tan inapropiado remata unha resposta escrita do Goberno municipal (que se achega xunto á nota) formulada pola concelleira nacionalista Ermitas Valencia para coñecer por que motivo se mantén encendido o alumeado público en distintas rúas cidade durante o día.

A prepotencia e a chulería do Goberno municipal non só lle impide ver os seus propios erros, senón que, ademais, fan que perda totalmente as formas á hora de contestarlle ao Grupo Municipal do BNG. Estas respostas carentes de educación súmanse ás saídas de ton dalgúns membros do Goberno do Sr. Negreira nas intervencións das sesións plenarias e das notas de prensa máis propagandísticas que institucionais. Así, as nacionalistas esíxenlle ao Goberno do Sr. Negreira respecto cara aos milleiros de persoas que votaron o BNG para que os representase. Nesta liña, o BNG pídelle ao Goberno municipal que deixe de confundir a institución e o papel do Goberno cos intereses do seu partido.

Alumeado público encendido durante o día

Na pregunta escrita, a concelleira nacionalista Ermitas Valencia facíase eco das denuncias de veciños e veciñas sobre o alumeado público aceso durante os mediodías, como aconteceu o día 9 de maio de 2013 na Rolda de Outeiro á altura de San Pedro de Visma ou o 8 de maio de 2013 na Rolda de Monte Alto. Non é a primeira vez que o Grupo Municipal do BNG se interesa por esta cuestión. De feito, xa preguntara os motivos que levaran a deixar encendidos os farois na Avenida Primo de Rivera ou en Ramón y Cajal o día da folga xeral de novembro de 2012.

Ademais de preguntar polos motivos de manter encendido o alumeado público, a concelleira do BNG preguntaba en que días, barrios e cantas horas se activara a iluminación, cal é o custo de manter os farois encendidos durante o día, cales foron as causas técnicas que o motivarían e se non sería posíbel realizar os amaños nas horas nas que non hai luz para non gastar en electricidade.

Eis a pregunta do BNG:

E a resposta do Goberno municipal:

"Pues que les aproveche"