As prioridades nas emendas do BNG aos Orzamentos do Estado

As prioridades nas emendas do BNG aos Orzamentos do Estado

A Coruña, 10 de agosto de 2015.- En relación ao anuncio do goberno municipal da Marea Atlántica de levar para o debate en pleno emendas ao proxecto de orzamentos de estado, o Grupo Municipal do BNG manifesta que só sabe desta intención, e de parte do contido destas emendas, a través dos medios de comunicación.

As nacionalistas agardan coñecer canto antes o contido das emendas que o Goberno municipal pretende levar a Pleno

No entanto, o BNG comparte a idea de dotar de orzamento axeitado o saneamento da Ría do Burgo, tal e como levan anos reivindicando o colectivo de mariscadoras/es. Demandar a inclusión, tamén, das partidas necesarias para implantación dun tren de proximidade e aumentar a dotación económica para os accesos ao Porto Exterior serán outras prioridades que o BNG tamén apoiará nestas alegacións. Tres cuestións estas que veñen sendo reivindicacións obxecto de emendas presentadas polo Bloque xa para orzamentos de anos anteriores por entender que son investimentos estratéxicos e vitais para o desenvolvemento económico da cidade.

O BNG entende que a Ría do Burgo, o tren de proximidade e a conexión ferroviaria co Porto Exterior terán que ser as prioridades nas emendas que o concello presente aos orzamentos do estado 

Así, o Grupo Municipal do BNG da Coruña xa traballa xunto coas parlamentarias do BNG no Congreso, Rosana Pérez e Olaia Fernández, para levar emendas a respecto destas actuacións, e que novamente, como en anos anteriores, son discriminadas polo Goberno do Estado.

As prioridades nas emendas do BNG aos Orzamentos do Estado