Presentamos unha iniciativa para mellorar a accesibilidade en San Cristovo das Viñas

Camiño da Igrexa, na rúa San Cristovo das Viñas no acceso a avenida Salgado Torres
Presentamos unha iniciativa para mellorar a accesibilidade en San Cristovo das Viñas

Esta semana presentamos unha iniciativa (podes vela premendo aquí) na que se solicitamos a mellora da accesibilidade no camiño da igrexa na rúa San Cristovo das Viñas.

Camiño da Igrexa, na rúa San Cristovo das Viñas no acceso a avenida Salgado Torres

Na actualidade, na contorna de San Cristovo das Viñas e Lonzas estanse a realizar as obras de construción do viaduto que unirá as rúas Blanco White coa avenida Salgado Torres. Este viaduto implica a afectación de espazos para peóns xustamente ao pe do mesmo, onde se sitúa o acceso á rúa San Cristovo das Viñas, coñecido popularmente como ‘camiño da Igrexa’ por resultar ser o acceso á igrexa desta parroquia. Este acceso, cunha pendente considerábel, sempre foi obxecto de solicitude de actuación pola veciñanza da zona que reclamou se adoptasen as medidas conducentes á adaptación a criterios de accesibilidade, xa que logo a propia pendente non é moi acaída mesmo para as e os viandantes.

Trasladamos ao Goberno municipal a solicitude da veciñanza que ten que sortear unha rampla de difícil acceso desde a avenida Salgado Torres

Deste xeito, demandamos do Goberno municipal o realizar no marco das súas competencias, ou ben instando a realizar do Ministerio de Fomento, aproveitando a obra do viaduto e que afecta á beirarrúa do acceso rúa San Cristovo das Viñas desde a avenida Salgado Torres, a acometer as melloras de accesibilidade que demanda a veciñanza.

A Coruña, 4 de xuño de 2016

Presentamos unha iniciativa para mellorar a accesibilidade en San Cristovo das Viñas