Pokemon: máxima colaboración, investigación e depuración de responsabilidades caia quen caia

Pokemon: máxima colaboración, investigación e depuración de responsabilidades caia quen caia

A Coruña, 24 de xuño de 2014.- Logo da última providencia da xuíza De Lara na que se imputa a dezaoito persoas, entre as que figura o noso compañeiro Xan Caxigal, o BNG reafírmase no que desde o principio defendeu: máxima colaboración coa xustiza, investigación e depuración de responsabilidades, caia quen caia e con independencia da afiliación política das persoas imputadas.

As nacionalistas, que desde o principio solicitaron máxima colaboración coa xustiza, que se enviase ao xulgado toda a documentación do Concello en relación con Vendex e que se depurasen todas as responsabilidades con independencia das persoas e das organizacións políticas e con independencia de caia quen caia, seguen reafirmándose en todo o que sostiveron desde o principio despois de terse coñecido a trama Pokemon e a súa variante coruñesa Pikachu, sen cambiar de opinión.

Pokemon: máxima colaboración, investigación e depuración de responsabilidades caia quen caia