O PMUS é tan pouco críbel que só se investirán 440.000 euros en 2015

O PMUS é tan pouco críbel que só se investirán 440.000 euros en 2015

A Coruña, 8 de novembro de 2014.- O Bloque Nacionalista Galego sinala que o PMUS é tan pouco críbel que o propio Goberno Local, autor do mesmo, só inviste para 2015 440 mil euros dos 20 millóns necesarios para a súa execución en 10 anos, tal e como se marcaba o Partido Popular como obxectivo.

As nacionalistas lembran que o PMUS aprobado en decembro de 2013 polo Goberno do Sr. Negreira non é un plano de mobilidade senón un plano de xestión do tráfico privado rodado por estrada que procura o beneficio dos aparcadoiros de pago soterrados e en superficie.

O PMUS é tan pouco críbel que só se investirán 440.000 euros en 2015