Negreira silencia que o Estado incumpra as condicións económicas dos convenios de rehabilitación

Negreira silencia que o Estado incumpra as condicións económicas dos convenios de rehabilitación

A Coruña, 20 de febreiro de 2015.- O Goberno Local silencia e tolera que o Estado incumpra as condicións económicas dos convenios de rehabilitación do Casco Histórico, Palavea, Os Mariñeiros e Sagrada Familia, deixando que o Estado aporte un 5% menos do que lle correspondía, dado que a aportación que tiña que facer era dun 40% e agora pasa a ser dun 35%. O novo Plan Estatal de fomento de alugueiro de vivendas, de rehabilitación edificatoria e rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, non só implica este recorte do 5% para actuacións futuras, senón que ademais se aplica retroactivamente modificando os convenios asinados na comisión bilateral de 14 de maio de 2012, que se rexían polo plan anterior, cando non tiñan por que se ver alterados.

Ademais de que teña que ser o Concello da Coruña o que asuma este recorte do 5%, compromentendo gasto mesmo da anualidade de 2016, o caso agrávase no grupo de vivendas Santa Cristina-Palavea, onde a veciñanza vai ter que asumir este recorte, pondo do seu peto 55.386 euros máis. A achega inicial era de 75.000 euros, e a raíz deste recorte, terán que pagar 130.386,70 euros.

Os recortes non só están no financiamento das obras de rehabilitación. Tamén se padecen nas obras de reurbanización no caso do Casco Histórico da nosa cidade. O Goberno Local silencia e tolera que o Ministerio de Fomento diminúa a súa achega en 88.000 euros, dado que da cantidade inicialmente aprobada de 198.000 euros pásase agora a 110.000 euros.

Negreira silencia que o Estado incumpra as condicións económicas dos convenios de rehabilitación