Se hai partidas en Educación no modificativo de crédito e grazas ás achegas do BNG

Se hai partidas en Educación no modificativo de crédito e grazas ás achegas do BNG

A Coruña, 10 de setembro de 2015.- Tras as declaracións de onte do alcalde da cidade, Xulio Ferreiro, onde informaba que o concello da Coruña na actualidade “ten só 66 céntimos para o que é o mantemento de colexios de aquí a fin de ano”, e que será a partir da aprobación do modificativo de crédito no Pleno do vindeiro luns cando se “poda facer fronte ás intervencións máis urxentes” e das que lle deron traslado as ANPAs na reunión que mantiveron onte co propio alcalde, o Grupo Municipal do BNG entende que se fai un recoñecemento explícito á insistencia que tivo a formación nacionalista no proceso da negociación do propio modificativo, onde se propoñía que o concello debía habilitar partidas para Educación.

O grupo municipal do BNG considera positivo que grazas á súas achegas ao modificativo de crédito poida haber investimentos nos centros educativos públicos

Así, o BNG lembra, que nas emendas que se lle deron traslado durante o proceso da negociación se insistiu nos investimentos en educación, servizos sociais e emprego e en igualdade, e que, polo tanto, a actuación neses áreas debía ser prioritaria. É por iso que o BNG considera positivo que o Goberno da Marea comece a entender que as achegas que se lles fixeron responden a necesidades reais da veciñanza da cidade.

O modificativo de crédito inclúe un suplemento de crédito en Educación de 57.044,65 € destinado a “obras de reposición en colexios públicos”

Se hai partidas en Educación no modificativo de crédito e grazas ás achegas do BNG